O Concello de Nigrán únese este sábado con PreZero á xornada de limpieza de praias LimpOcean

adminON
Lectura mínima de 1

O CONCELLO DE NIGRÁN ÚNESE ESTE SÁBADO CON PREZERO Á XORNADA DE LIMPEZA DE PRAIAS ‘LIMPOCEAN’

Os voluntarios interesados en asistir deben anotarse no mail eventos@limpocean.com

O Concello de Nigrán únese a través da súa concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza, PreZero, a unha xornada de concienciación ambiental en Praia América organizada por LimpOcean este sábado 1 de xuño de 11:00 a 13:00 horas en Praia América. Os voluntarios interesados en asistir deben anotarse no mail eventos@limpocean.com e presentarse ás 11:00 en Lourido, xunto á escultura de ‘Balmi’ o cachalote, realizada precisamente con residuos mariños.

LimpOcean é unha Asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo diminuír o impacto ambiental do lixo plástico no Oceano Atlántico, para logralo traballan facendo limpezas nas praias das costas galegas, recollendo os residuos plásticos e a través da súa reciclaxe transformándose en produtos útiles.

Comparte este artigo