HomeVigoNigránO concello de Nigrán visibiliza a súa postura contra o xenocidio en...

O concello de Nigrán visibiliza a súa postura contra o xenocidio en Palestina cunha gran pancarta e reparto de pulseiras

- Anuncio -spot_img

‘Nigrán, non somos indiferentes. Paremos o xenocidio’ é o lema escollido para a pancarta pendurada desde hoxe na fachada da Casa Consistorial e para as pulseiras que se repartirán entre a veciñanza

Cada gran de area suma nesta loita pola paz; queremos que se unan máis municipios, administracións e gobernos para internacionalmente forzar o cese da barbarie”, xustifica o alcalde, Juan González, presidente ademais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Concello de Nigrán non mira cara o outro lado no conflito de Gaza e desde hoxe o visibiliza na fachada da Casa Consistorial cun lema moi claro: ”Nigrán, non somos indiferentes. Paremos o xenocidio’ xunto a bandeira palestina. Ademais, aquelas persoas que o desexen poden recoller dúas pulseiras na Oficina de Información Cidadá (planta baixa do Concello) ou nas oficinas de Turismo con exactamente o mesmo lema e deseño. O obxectivo é deixar patente tanto por por parte da cidadanía de Nigrán como da súa administración máis próxima o rexeitamento da masacre que está a causar Israel. Por este motivo, o Concello irase sumando tamén a todas as mobilizacións que con tal motivo se realicen, tal e como viña facendo.

“Cada gran de area suma nesta loita pola paz; queremos que se unan máis municipios, administracións e gobernos para internacionalmente forzar o cese da barbarie”, xustifica o alcalde, Juan González, presidente ademáis do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e quen xa en maio de 2024 aprobou unha moción plenaria coa abstención do PP na que se esixía o fin do ataque a Gaza. “Temos o deber de situarnos no lado correcto da Historia e de alzar a nosa voz en contra do asasinato de seres humanos indiscriminadamente, o que está a ocorrer só se pode cualificar de xenocidio e está a pasar ante a mirada impasible de todo o mundo, non se pode consentir esta violación do dereito internacional en pleno século XXI, estase a empregar a fame tamén como arma de guerra, o que está a acontecer é unha auténtica atrocidade que non ten xustificación posible”, expresa González, quen pide empatía a toda a poboación e ás administracións, “esas crianzas poderían ser as nosas tamén, sen máis”, finaliza González, pedindo aos demais concellos “que non vexan cara outro lado e visibilicen a súa postura”.  

Publicacións Relacionadas