Mantén os prezos que rexen desde o ano 2017 e unha oferta de 600 prazas para 11 actividades deportivas diferentes e 210 para 5 disciplinas artísticas
O alumnado empadroado inscrito no curso pasado que desexe manter a mesma actividade e horario debe formalizar a praza online en www.actividadesnigran.es ou ben presencialmente entre o 15 e 16 de setembro
Todo aquel que queira iniciarse nunha nova actividade ten que acudir ao Concello entre o 18 e 19 de setembro. As prazas vacantes para non empadroados distribuiranse o 23 e 24 de setembro
Tenis, teatro e música terán formas e prazos de inscrición diferenciados do resto de actividades
O Concello de Nigrán abre a partir do día 15 de setembro e en sucesivos periodos o prazo de inscrición nas actividades deportivas e culturais municipais mantendo os prezos públicos vixentes desde o ano 2017 e ofrecendo 601 prazas para 11 modalidades deportivas (actividad física de mantemento, actividad física para maiores, aerobic-step, ioga, tai-chi, surf, pilates, zumba, tenis, marcha nórdica e adestramento funcional) e 210 para as 6 culturais (cerámica, pintura, gravado, torno, teatro e cómic). Todo a información cos horarios orientativos está pendurada na web www.nigran.es .
O alumnado empadroado en Nigrán que cursara unha actividade neste curso pasado ten a praza reservada no mesmo horario e, se desexa continuar sen cambios, pode formalizada xa online na web www.actividadesnigran.es ou presencialmente o 15 e 16 de setembro no Auditorio Municipal de 9:00 a 13:00 horas. As excepcións son tenis, que se debe facer presencialmente no Pavillón de Panxón (29 e 30 de setembro); teatro, na web de Teatro do Ar e nun link nas súas redes sociais; e música cos seus propios prazos e novidades a partir do 26 de setembro.
Por outra banda, o 18 e 19 de setembro abre o prazo para aquelas persoas empadroadas que desexen iniciarse nunha nova actividade neste curso e debe solicitar a praza presencialmente (Auditorio Municipal de 9:00 a 13:00 h).
Finalmente, o 24 e 25 de setembro abre o prazo de inscrición para persoas non empadroadas no municipio e só onde quedaran vacantes (Salón de Plenos de 9:00 a 13:00 h).
As actividades comezarán o 1 de outubro e rematarán o 31 de maio de 2026, manténdose os mesmos prezos e bonificacións que rexen desde o ano 2017 (75 € todo o curso para empadroados e 100 € para non empadroados).
“As actividades deportivas e culturais municipais do curso escolar teñen como finalidade fomentar e promocionar o deporte e as artes entre toda a poboación, por iso as ofrecemos cun prezo accesible a tódolos petos e unha calidade excelente”, valora o alcalde, Juan González.