HomePontevedraBaixo MiñoO Concello de Oia inicia inspeccións para detectar enganches ilegais á rede...

O Concello de Oia inicia inspeccións para detectar enganches ilegais á rede municipal de auga

- Anuncio -spot_img

O Concello de Oia informa á cidadanía de que, tras detectarse un uso fraudulento da auga municipal entre a xornada de onte e a de hoxe venres, iniciaranse inspeccións para localizar posibles enganches clandestinos á rede de abastecemento.

Actualmente, esta rede abastece exclusivamente aos edificios públicos municipais. Recentemente aprobouse un regulamento e unha ordenanza que establecen o procedemento para solicitar conexións á devandita rede de forma legal e regulada.

Con todo, comprobouse que se realizou un consumo ilegal que provocou o baleirado de medio depósito municipal durante a noite. Esta situación non só vulnera a normativa vixente, senón que compromete a subministración necesaria para os servizos públicos.

Ante este feito, o goberno local realizará controis de consumo na rede xeral. Calquera uso non autorizado será sancionado conforme ao establecido na ordenanza municipal.

Desde o Concello faise un chamamento á responsabilidade colectiva, especialmente neste período estival no que os recursos hídricos son limitados e a poboación en Oia aumenta considerablemente.

É fundamental que todos e todas fagamos un uso racional e consciente da auga. O Concello agradece a colaboración veciñal e lembra que o respecto ás normas é esencial para garantir o benestar común.

Publicacións Relacionadas