HomePontevedraBaixo MiñoO Concello de Oia renova a pista polideportiva de Viladesuso

O Concello de Oia renova a pista polideportiva de Viladesuso

- Anuncio -spot_img

O Concello de Oia vén de renovar a pista polideportiva do barrio do Serrallo, en Viladesuso, cunha actuación integral que inclúe novo equipamento e pavimento de alta calidade.

Dentro desta actuación instaláronse dúas canastras fixas de baloncesto e dúas porterías para balonmán e fútbol sala, adaptadas ás necesidades da veciñanza. Ademais, reacondicionouse o chan con resinas acrílicas resistentes e antiescorregadizas, garantindo unha superficie segura e versátil para o xogo.

Tras estes traballos, volvéronse pintar as liñas correspondentes ás zonas de xogo para a práctica de baloncesto, balonmán e tenis.

Os traballos de renovación e acondicionamento supuxeron un investimento aproximado de 30.000 euros e foron financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra dentro do seu Plan Extra de Infraestruturas Deportivas de 2025.

Con esta actuación, o Concello de Oia reafirma o seu compromiso coa mellora continua das infraestruturas municipais, promovendo o uso activo dos espazos públicos e facilitando a práctica deportiva en condicións óptimas.

Publicacións Relacionadas