Home Vigo Pazos de Borbén O concello de Pazos de Borbén e os empresarios do Polígono de...

O concello de Pazos de Borbén e os empresarios do Polígono de Amoedo solicitan a reapertura do tráfico pesado en Redondela

- Anuncio -
  • “Están a poñerse en perigo os empregos dos nosos veciños”, protesta o alcalde, Andrés
  • O peche ao tráfico pesado polo centro de Redondela está a crear un gran malestar en Pazos de Borbén polas molestias que ocasiona entre empresarios e veciños das parroquias de Amoedo, Cepeda e Nespereira. O alcalde, Andrés Iglesias, reuniuse onte con empresarios do polígono de Amoedo para atender as súas reclamacións e coñecer con exactitude a situación dos seus negocios e dos transportistas locais.
  • Así, segundo indicou o alcalde, o peche ao tráfico pesado a través de Redondela e a PO-250 supón “unha decisión catastrófica para o polígono de Amoedo xa que pon en risco a viabilidade das empresas e en consecuencia a estabilidade laboral de moitos veciños de Pazos de Borbén”, explicou o rexedor, que engadiu que “un municipio non debería poder pechar o tráfico dunha estrada autonómica sen ofrecer unha variante lóxica. Máis aínda neste caso no que se trata dunha estrada ampliada hai non moitos anos pola clase de tráfico que soportaba”.
  • Do mesmo xeito, Iglesias sinalou que esta decisión aumenta considerablemente o perigo da EP-2702, o outro viario de acceso ao polígono a través das parroquias de Nespereira e Cepeda. Unha estrada que “xa conta con notables deficiencias e que non está nin remotamente preparada para recibir todo o tráfico pesado que xera o polígono”.
  • Desde o Concello de Pazos de Borbén, indicou o alcalde, ofrécense diferentes solucións ao problema, como regular o horario durante o día nos principais momentos de necesidade ou permitir o paso durante as noites. “O importante é atopar unha solución canto antes porque esta situación xa está a ter consecuencias moi negativas nas empresas”, destacou Iglesias.
  • Novo proxecto para a EP-2702
    Do mesmo xeito, Iglesias indicou que o Concello acaba de recibir o novo proxecto realizado pola Deputación de Pontevedra para a EP-2702, a única vía de acceso ao polígono industrial de Amoedo desde o peche imposto polo Concello de Redondela. Un proxecto que contempla unha lixeira ampliación conforme ao anterior, pero que, segundo indicou Iglesias, “se cadra non é suficiente se o Concello de Redondela non atende as nosas peticións. Se esa estrada ten que absorber o tráfico do polígono necesitará unha ampliación e un novo trazado nalgúns tramos xa que hai curvas tan pechadas que un vehículo de grandes dimensións non pode circular en condicións de seguridade”.
    Por iso, o alcalde solicitou unha nova reunión coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, “xa que coa decisión de Redondela o problema da EP-2702 agrávase aínda máis e é necesario executar a mellora canto antes”, concluíu Iglesias.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas