HomeVigoPazos de BorbénO concello de Pazos de Borbén finaliza a renovación de máis de...

O concello de Pazos de Borbén finaliza a renovación de máis de 180 puntos de alumeado con tecnoloxía led

- Anuncio -spot_img

A mellora tivo un coste de 73.220 euros e supoñerá un aforro de 25.650 euros ao ano para as arcas municipais
Pazos de Borbén ten outra luz, máis moderna e ecolóxica. O Concello acaba de finalizar a renovación de parte da súa rede de alumado público en varias parroquias incorporando tecnoloxía LED en substitución das vellas lámpadas de vapor de sodio. En total renováronse 188 luminarias, o que supoñerá un aforro para as arcas municipais do 77% de media na factura eléctrica deses puntos.
A mellora tiña un orzamento de 73.220,28 euros, “que serán amortizados en menos de 3 anos, desde o punto de vista económico, e desde o primeiro día no sentido medioambiental”, explicou o alcalde, Andrés Iglesias, lembrando que ademais do descenso na factura eléctrica mellóraa supón unha redución das emisións de CO2 á atmosfera de 75,24 toneladas ao ano.
As novas luminarias instaláronse nas principais vías e camiños dos barrios de Pousiño, Torrente e Alén, nas parroquias de Borbén e Cepeda. A actuación supoñerá un aforro enerxético do 77%. Isto supoñerá un aforro no custo da factura eléctrica do Concello nestes puntos de 25.650 euros ao ano, pasando de 33.551 a 7.701 euros. En termos de potencia eléctrica supón unha rebaixa de 144.418kw/h anuais conforme ao consumo anterior.
As novas lámpadas, ademais de ser máis eficientes, tamén descenden notablemente a contaminación alumínica xa que unha das vantaxes da tecnoloxía LED é que concentra a luz sobre unha zona moi definida, algo que non lograban as antigas farolas, e que tamén supoñerá unha mellora en canto a seguridade viaria ao mellorar as condicións alumínicas das estradas do municipio

Publicacións Relacionadas