Home Vigo Pazos de Borbén O concello de Pazos de Borbén finaliza a segunda fase da mellora...

O concello de Pazos de Borbén finaliza a segunda fase da mellora na climatización do CPI Curros Enríquez

- Anuncio -
  • Renováronse case 40 xanelas por outras de dobre acristalamento e sistema de seguridade para os máis pequenos
  • O Concello de Pazos de Borbén acaba de finalizar os traballos de mellora no CPI Curros Enríquez. Unha actuación coa que se pretende mellorar a confortabilidad do centro e para a cal se solicitou o financiamento da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
  • Tras renovar na primeira fase todas as xanelas das aulas e dependencias utilizadas polos alumnos, esta segunda parte da actuación completou a actualización do resto de xanelas do edificio coa instalación de 38 novas cristaleiras en pasillas, baños e salas de profesores.
  • As novas ventás son de alto rendemento enerxético ao contar con dobre acristalamento e ponte térmica, o que permitirá ao centro ser máis eficiente e reducir os seus gastos en calefacción e climatización. Ademais, contan cun sistema de seguridade que evita que os alumnos poidan abrilas na súa totalidade, bloqueándoas nunha posición segura para os alumnos que só permite a ventilación das estancias.
  • O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, visitou o colexio para comprobar o resultado dos traballos acompañado de membros do goberno local e a dirección do centro. “Ao final conseguiuse que os traballos estivesen a punto para o inicio do curso e que os nosos escolares poidan comezar este ano da mellor maneira posible”, finalizou o rexedor.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas