Home Vigo Pazos de Borbén O concello de Pazos de Borbén iicia os traballos de mellora no...

O concello de Pazos de Borbén iicia os traballos de mellora no pavillón municipal de deportes

- Anuncio -
  • A actuación conta cun orzamento total de 104.788,72 euros
  • O Concello de Pazos de Borbén acaba de iniciar os traballos de mellora no pavillón municipal de deportes. As tarefas abarcan case todas as áreas do recinto, desde reparacións no tellado e nas conducións de augas pluviais a melloras na pista e no sistema de iluminación.
  • A actuación ten como obxectivo actualizar o espírito de todo recinto deportivo, a pista, polo que se estableceron varias actuacións. A primeira é a reparación dalgunhas partes da cuberta do pavillón renovando varios elementos a fin de garantir a estanqueidad da mesma e evitar molestas pingueiras que poidan poñer en perigo a integridade dos deportistas provocando resbalones e caídas. Dentro destes traballos tamén se inclúe a renovación do sistema de recollida de augas pluviais ao completo para garantir a súa correcta evacuación.
  • Do mesmo xeito, no interior do pavillón renovarase o sistema de iluminación coa instalación de 18 novas lámpadas de tecnoloxía led. Ademais, realizaranse diversas reparacións no interior da pista e renovarase por completo o exterior da pista coa instalación de 100 metros cadrados de pavimento sintético. Por último, para mellorar a seguridade dos deportistas, instalaranse dúas redes nos fondos da pista para reducir o impacto dos balóns que saian do terreo de xogo e que poden ocasionar lesións se rebotan con forza.
  • O alcalde, Andrés Iglesias, visitou o inicio dos traballos e explicou que a mellora “garante que o pavillón, e sobre todo a pista, estea en perfecto estado durante varios. Algo fundamental para desempeñar actividades deportivas nas condicións adecuadas”, finalizou o edil.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas