- A mellora realizouse en dúas fases que se financiaron a través dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia
- O Concello de Pazos de Borbén puxo en servizo esta mañá o novo edificio multiusos municipal na antiga Praza de Abastos de Moscoso. O vicepresidente da Xunta de Galicia, Diego Calvo, e a directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participaron no acto de inauguración xunto ao alcalde, Andrés Iglesias, e varios membros do goberno local.
“Con esta actuación”, indicou o alcalde durante a inauguración, “protexemos o futuro dun edificio de alto valor histórico, social e sentimental. Un tradicional lugar de encontro diario para moitas xeracións de veciños de Moscoso”. - A reforma da antiga Praza de Abastos levou a cabo en dúas fases. A primeira centrouse na recuperación da cuberta do edificio que resultou danada gravemente durante o inverno de 2021 de maneira que comprometía a seguridade estrutural do inmoble. Para evitar a súa posible caída e o colapso total do edificio, inutilizando ademais o resto de traballos de rehabilitación levados a cabo no interior do inmoble, o Concello solicitou a axuda urxente da Xunta de Galicia, que financiou o 100% dos traballos a través do Fondo de Compensación Ambiental.
- A actuación contou cun orzamento de 97.000 euros que foron financiados a través do convenio de colaboración asinado coa Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia.
- Por último, a edil de Servizos Sociais, Eloisa Nogueira, destacou que a mellora dá resposta a unha vella demanda veciñal dos veciños de Moscoso. “É un edificio que sempre foi para dar servizo aos veciños e así debe seguir sendo”, finalizou a edil.



