Home Vigo Pazos de Borbén O concello de Pazos de Borbén organiza unha charla informativa sobre a...

O concello de Pazos de Borbén organiza unha charla informativa sobre a factura eléctrica

- Anuncio -
  • Será impartida por técnicos do Instituto Galego de Consumo e Competencia
  • O Concello de Pazos de Borbén organiza este venres, a partir das 17:30 horas no Salón de Actos municipal, unha charla-coloquio para asistir aos veciños #ante os últimos cambios realizados na tarifa eléctrica. A sesión contará con técnicos especialistas neste campo que propoñerán aos veciños varias formas para reducir o seu consumo e minimizar o impacto das últimas subidas.
  • Así, os expertos explicarán como se interpreta o recibo da luz, en que consisten as variacións introducidas na factura e os dereitos e as obrigacións que teñen os usuarios a este respecto. Ademais, explicarase a diferenza entre o mercado libre e o regulado, os sistemas de tarificación, como se realizan as reclamacións e resolveranse dúbidas específicas.
  • “Con todos os cambios de tarifas, subidas e baixadas constantes, os prezos do gas… é normal que os veciños teñan dúbidas e reclamen #ante a chegada de recibos que consideran desproporcionados”, explicou o alcalde, Andrés Iglesias, que destacou a importancia desta charla “para dar aos veciños unha forma de evitar sustos e que saiban como reclamar e defenderse chegado o caso”, finalizou o rexedor.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas