Tamén se recupera o servizo de atención a maiores que viven sós mentres dure o nivel máximo de restricións
Ante o aumento de casos de Covid desta terceira onda o Concello de Pazos de Borbén acaba de decidir reforzar novamente o seu servizo de desinfección nos puntos máis transitados do municipio. Ademais, mentres dure o nivel máximo de alerta decretado pola Xunta de Galicia, o goberno local ha volto a poñer en marcha o servizo de atención aos veciños de idade avanzada que viven sós.
O servizo especializado de desinfección farase regularmente nos exteriores da residencia da 3ª idade, os centros escolares, entidades bancarias e as marquesiñas de autobuses ademais dos supermercados, o centro de saúde e a farmacia. A desinfección destas zonas únese aos servizos de limpeza especializada que levan a cabo dentro do ambulatorio e do colexio, propios da normativa antiCovid.
Do mesmo xeito, e #ante o endurecemento das medidas de mobilidade, o goberno local ha volto a poñer ao dispor dos veciños de máis idade o seu servizo de atención para proporcionarlles medicamentos e alimentos a domicilio. Desde o Concello xa se empezou a contactar cos usuarios deste servizo durante o confinamento, pero todos os veciños que se atopen nesta situación e queiran solicitalo poderán facelo no teléfono do Concello, o 986 497 035.
O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, indicou que “as restricións de mobilidade supoñen un problema para moitos veciños maiores de que non poden contar coa axuda dos seus familiares de fóra do municipio, polo que este servizo suponlles unha gran axuda”.