HomePontevedraPoioO concello de Poio adhírese a "Vioxen", o Programa de Seguimento Integral...

O concello de Poio adhírese a “Vioxen”, o Programa de Seguimento Integral das Vítimas de Violencia de Xénero

- Anuncio -spot_img

• O alcalde, Luciano Sobral, asinou o protocolo xunto á subdelegada de Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, durante a celebración da Xunta Local de Seguridade

• Esta adhesión supón un paso máis na colaboración e coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e a Policía Local á hora de protexer ás mulleres que son vítimas deste tipo de agresións

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, participou este martes na Xunta Local de Seguridade, na que asinou a adhesión do Concello de Poio a ‘Vioxen’, o Programa de Seguimento Integral das Vítimas de Violencia de Xénero. O rexedor local estivo acompañado pola subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; a concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas (BNG); a titular de Igualdade, Silvia Díaz (Avante), e dirixentes da Garda Civil e da Policía Local de Poio.

Tal e como explicou o alcalde Sobral, a incorporación a este programa supón un paso máis á hora de “garantir a seguridade, protección e atención ás mulleres que son vítimas de violencia de xénero, unha lacra social contra a que debemos seguir loitando”. Poio convértese no décimo sexto concello da provincia que se suma a este programa, que seirve para reforzar a colaboración e coordinación entre as forzas de seguridade do Estado e a Policía Local á hora de facer fronte a este tipo de casos. “A Policía Local xa viña desenvolvendo un labor moi importante neste eido, no que continuaremos dando pasos coa sinatura deste protocolo”, recalcou o líder do Goberno local, que coincidiu coa subdelegada de Goberno á hora de impulsar “marcos de actuación que axuden as vítimas de violencia de xénero se sintan máis seguras”.

Publicacións Relacionadas