Home Pontevedra Poio O concello de Poio súmase ás peticións para a tramitación dunha iniciativa...

O concello de Poio súmase ás peticións para a tramitación dunha iniciativa lexislativa popular para mellorar a situación sanitaria de Galicia

- Anuncio -

• A Mesa da Defensa dos Dereitos da Sanidade de Poio acorda adherirse a esta campaña, que cristalizará coa aprobación dunha moción no vindeiro Pleno ordinario

• O presidente do órgano local, Xosé Luís Martínez (BNG), informa tamén de que se solicitará ao Sergas información sobre a situación do persoal sanitario en Poio, da cal se dará traslado aos colectivos locais, de cara á organización de posibles mobilizacións e actuacións reivindicativas

A Mesa da Defensa dos Dereitos da Sanidade, na que está representada toda a Corporación municipal e que preside o titular deste departamento a nivel local, Xosé Luís Martínez (BNG), acordou na súa sesión deste xoves sumarse ao apoio da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, a través da cal se lle esixe ao Parlamento de Galicia que aprobe unha serie de medidas encamiñadas á mellora urxente do sistema sanitario.

Entre elas, saliéntase a necesidade de establecer a atención presencial como regraxeral para as consultas médicas, a fixación duns mínimos de persoal para salvagardar a calidade de atención aos e ás pacientes, acabar coa precariedade laboral dos e das profesionais e reabrir consultas e PACs pechados nos últimos anos. A través deste acordo tamén existe un compromiso de colaborar de xeito activo na recollida de sinaturas e nas mobilizacións e campañas informativas de carácter unitario que se realicen para ter unha Atención Primaria de calidade.

Durante a sesión acordouse tamén corroborar este apoio a través dunha moción que será aprobada no vindeiro Pleno ordinario, que terá lugar o martes 27 de setembro. A maiores, Xosé Luís Martínez confirmou que o Concello solicitará ao Sergas información sobre o número de profesionais existentes nos ambulatorios e centros de saúde de Poio. “Faremos a petición en outubro e, unha vez obteñamos ese dato, convocaremos ao tecido colectivo de Poio para estudar posibles medidas a tomar”, adiantou. Neste sentido, Martínez Blanco advirte de que “a situación sanitaria no noso municipio está peor ca nunca. As listas de agarda non deixan de medrar e practicamente só se están atendendo Urxencias. É un contexto especialmente grave nesta época, na que están a piques de iniciarse campañas de vacinación contra a gripe ou a cuarta dose contra a COVID-19 para persoas maiores”, alertou o concelleiro de Sanidade.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas