HomePontevedraO CondadoO Concello de Ponteareas abre o prazo de inscrición no ConciliaTea Semana...

O Concello de Ponteareas abre o prazo de inscrición no ConciliaTea Semana Santa 2026

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas informa ás familias de que xa está aberto o prazo para presentar a inscrición no programa ConciliaTea Semana Santa 2026, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período das vacacións escolares.

As persoas interesadas poden realizar a inscrición a través da sede electrónica do Concello mediante o trámite “Solicitude de inscrición no ConciliaTea Semana Santa 26” ou directamente a través da seguinte ligazón:

O concelleiro de Ensino destacou que “o Concello ofrece este servizo de conciliación durante os períodos non lectivos para apoiar ás familias e facilitar a organización da vida laboral e familiar”. Neste sentido, subliñou a importancia de manter este tipo de programas que permiten ás familias contar cun recurso educativo e de lecer seguro para os máis pequenos.

O ConciliaTea Semana Santa é unha proposta formativa que, ademais de favorecer a conciliación, promove a atención á infancia e á xuventude, a xestión social do patrimonio e do medio ambiente e a dinamización cultural do municipio. A programación combina o xogo con actividades creativas, culturais e de coñecemento do entorno próximo, desde unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e na promoción de hábitos saudables.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos escolarizados nas etapas de Educación Infantil e Educación Primaria.

O programa desenvolverase nas instalacións do CEIP As Veigas de Ponteareas.

As quendas de participación corresponderanse cos días laborais comprendidos entre o 30 e o 31 de marzo e o 1 e o 6 de abril de 2026, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Con esta iniciativa, o Concello de Ponteareas continúa a apostar por políticas educativas e sociais que contribúan ao benestar das familias e ao desenvolvemento educativo e social da infancia.

Publicacións Relacionadas