O concello de Ponteareas abre o prazo de inscrición para as clases de teatro impartidas polo ponteareán Iván Márquez

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Xuventude, abriu o prazo de inscrición para participar nas clases de teatro que darán comezo o vindeiro 1 de outubro.

A actividade, dirixida a mozos e mozas de entre 12 e 35 anos, e que terán lugar os mércores pola tarde en Artistea e no Auditorio, permitirá ás persoas participantes descubrir o mundo da interpretación, mellorar a expresión corporal e traballar en equipo a través das artes escénicas.

As clases estarán impartidas polo ponteareán Iván Márquez, actor con ampla experiencia sobre os escenarios. Márquez comezou no teatro dende pequeno, ata que estudou o Grado Superior de Arte Dramático na ESAD de Galicia para, posteriormente, trasladarse a Madrid e obter o Título profesional de Teatro musical da escola de Artes Escénicas Coral Antón. Obtivo, ademais, unha variada formación complementaria en escrita dramática, técnica vogal e canto, dobraxe musical, interpretación ante a cámara, etc.

O prazo de inscrición rematará o 30 de setembro. As persoas interesadas poden anotarse enviando un correo a xuventude@ponteareas.gal ou chamando ao teléfono 687 764 516.

Comparte este artigo