As solicitudes poderanse presentar ata o 12 de setembro no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica
O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Ensino, vén de convocar as axudas municipais de apoio ao estudo para o curso 2025/2026, dirixidas a familias con ingresos limitados e con fillos e fillas matriculados en Educación Infantil (4º, 5º e 6º), FP Básica, Ciclos Formativos e Bacharelato.
As axudas, que contan cun orzamento inicial de 20.000 euros, están destinadas á compra de libros de texto e material escolar. Cada alumno ou alumna poderá optar a unha contía máxima de 100 euros, sempre xustificada con factura. No caso de que o número de solicitudes supere o orzamento dispoñible, a contía repartirase proporcionalmente entre todas as persoas beneficiarias.
Poderán acceder a estas axudas as familias empadroadas en Ponteareas, cunha renda per cápita igual ou inferior a 10.000 euros anuais, e que non perciban outras axudas públicas para a mesma finalidade.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de setembro de 2025, coincidindo co inicio do curso escolar. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica.
Segundo explicou o concelleiro de Ensino, Ricardo González, “estas axudas son unha ferramenta máis para apoiar ás familias de Ponteareas no inicio do curso escolar, reducindo o impacto económico que supón a compra de material e garantindo que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades”.
Toda a información, así como os modelos de solicitude, pode consultarse na sede electrónica do Concello:
https://ponteareas.sedelectronica.gal/?x=t5Zp1iglEB7slJrX26KCkJZISuEbidQWQAj8
253DIz2FMkw0XFEJsXuec6VZHGVScdu9c-Ywz3NuPWRQPgMzZUBdxBDPEn81BeFELK*QgiuSdBv-lS0nPKJW5SLzl1e-GzoGPrfJ9h4O0ZWIBLqeJuoxFQ2ZQ8ropjNfnHwl0kWB9fsHhz2CJVzzdghl6CCOdSVdg0ZsF7bKb1Fcx0A