O Concello de Ponteareas acondiciona novos espazos no conservatorio municipal para dar un mellor servizo ás familias

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Ponteareas realiza obras no  conservatorio municipal para crear un novo espazo de administración e atención ás  familias máis visible e cercano. O concelleiro de Ensino, Ricardo González, explica  que se derrubou un tabique nun espazo que, polas súas pequenas dimensións, non  ofrecía ningún servizo e ampliouse para destinar a servizo administrativos que  quedarán conectados coa entrada do conservatorio a través dunha ventá. 

Ricardo González engade que esta intervención posibilitará acondicionar unha sala  de espera cómoda e confortable protexida do frío da entrada no espazo que ata agora  acollía os servizos administrativos e que agora poderá albergar tamén reunións. “A  única sala de espera para alumnado e familias está na propia entrada configurando  un espazo de paso con correntes e pouca capacidade”. 

A alcaldesa, Nava Castro, adianta que se destinarán importantes esforzos para a  actualización e modernización do conservatorio onde nunca se investiron recursos  para actualizalo. No conservatorio estudan 220 alumnos e segundo explica a  alcaldesa, na actualidade, xa se está a redactar un proxecto que contempla melloras  tecnolóxicas e de novas ferramentas.

Comparte este artigo