HomePontevedraO CondadoO concello de Ponteareas completa a limpeza e desbroce das 23 parroquias...

O concello de Ponteareas completa a limpeza e desbroce das 23 parroquias e centro urbano

- Anuncio -spot_img

O concelleiro de Desbroces e Xardíns do concello de Ponteareas, Domingo Freitas, fai balance das intervencións realizadas e informa que ao longo destes meses desbrozáronse máis de 600 km de estradas. Tamén adianta que comeza xa coa segunda rolda de desbroces e limpezas,

Cun equipo formado pola capataz, un tractorista e dez peóns, 8 eventuais contratados por programas da Deputación e 2 da Xunta de Galicia que rematan en novembro, intervíuse nas 23 parroquias e no centro urbano.

Domingo Freitas explica que nos meses de verán deuse prioridade á limpeza dos torreiros de festas co refaldado de árbores que dificultaban as actuacións das orquestras e outras actividades, limpeza de muros de contención e retirada de silvareira.

O Concello de Ponteareas ten unha superficie de 125,5 km², que equivale a unhas 12.550 hectáreas, nas que se sitúan 23 parroquias rurais e unha urbana. Ao longo de todo o ano a brigada de desbroces limpa estradas e terreos municipais, desbroza cunetas nas estradas principais e ramais ata as entradas das casas, limpa tamén camiños públicos e adecenta as contornas das casas e centros culturais, ademais de podar árbores que molestan ao tráfico e limpar a contorna e paseo das praias da Freixa, San Roque, Moscadeira, Moreira, Nogueira e regato da Venda, entre outras tarefas.

No centro urbano procedeuse á renovación total da masa verde e especies nas rotondas, tamén ao mantemento e coidado dos xardíns e parques municipais. Ademais realízase a limpeza de aparcamentos de uso público.

O servizo de Desbroces contou co reforzo dunha empresa local, unha empresa especializada en poda e o apoio dun tractor da Xunta. “A poda xa se realizou a principios de ano e agora volvemos coa poda de outono”.

Informa Domingo Freitas que agora comezan a segunda rolda de limpezas, nalgúns casos terceira, “porque o equipo traballa ao longo de todo dun xeito planificado á vez que hai que atender a cuestións de urxencias non programadas”.

O concelleiro solicita a colaboración de toda a cidadanía para manter as súas propiedades limpas e mellorar así a convivencia e tamén a seguridade nos días de moita calor.

Pola súa parte a alcaldesa Nava Castro manifesta que apostan pola xestión e colaboración con todas as administracións posibles para ofrecer mellores servizos á cidadanía facendo que así se cubran máis necesidades e ampliando na medida do posible a capacidade da xestión municipal.

Publicacións Relacionadas