Home Pontevedra O Condado O concello de Ponteareas e o concello de Salvaterra de Miño solicitan...

O concello de Ponteareas e o concello de Salvaterra de Miño solicitan ao Estado máis de dous millóns de euros para a xestión respnsable dos recursos hídricos

- Anuncio -

O concello de Ponteareas e o concello de Salvaterra de Miño unen forzas e solicitan 2.036.762€ ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico para desenvolver o proxecto conxunto de mellora do ciclo integral da auga (PERTE Dixitalización Ciclo da Auga). Trátase do investimento solicitado máis elevado da historia destas vilas en materia de sustentabilidade hídrica que da resposta ao compromiso de Ponteareas e de Salvaterra de Miño de acadar un futuro sutentable aliado aos recursos naturais.

Os dous concellos perseguen con este proxecto garantir a demanda de abastecemento de auga potable desde a perspectiva da sustentabilidade no uso da auga; promover un uso sostible dos custos; minimizar os efectos negativos ambientais e fomentar un uso responsable.

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, e a concelleira de Infraestruturas, Raquel Bautista, presentaron xunto á alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e ao tenente de alcaldesa, Ernesto Groba González, as principais liñas de intervención que permitirán a implantacion de “medidas clave para mellorar a xestión e o control da auga a través de sensórica, da intercomunicación de dispositivos de monitorización, de intelixencia artificial e de detectores de anomalías que permitan un uso e distribución responsable dun recurso tan importante como a auga”.

A edil de Infraestruturas do Concello de Ponteareas, Raquel Bautista, explica que para acadar estes obxectivos implementaranse sistemas de monitoreo e seguemento das masas de auga para permitir a toma de decisións baseadas en datos; sistemas de detección máis eficientes para reducir perdas de auga e mellorar o uso dos recursos; medidas para reducir o consumo da auga reducindo tamén así o volume de auga contaminada e promoveranse prácticas de consumo responsable, ademais de desenvolver ferramentas informáticas e dixitais de modelado e simulación da eficación e eficiencia na xestión dos recursos hídricos.

Ambos concellos coinciden en salientar a importancia de planificar un futuro harmónico co patrimonio natural no que concienciar da importancia do medio natural para a saúde. O informe de cambio climático Galicia 2012-2015 desenvolto pola Subdirección Xeral de Meteorología e Cambio Climático adianta que a temperatura máxima subirá entre 2 e 4ºC en todas as estacións, que a temperatura mínima tamén subirá, que se incrementará a porcentaxe de días extremos de temperatura con días máis cálidos e que as precipitacións descenderán. Ante estes datos o concello de Ponteareas e o Concello de Salvaterra de Miño atallan e comezan a tomar medidas para o cumprimento do Obxectivo de Desenvovlemento Sostenible 6 centrado en garantir a dispoñibilidade de auga e unha xestión sostible e saneamento para todas e todos.

Marta Valcárcel salienta a importancia de seguir traballando na dixitalizacion e mellora dos sistemas de saneamento e abastecemento, “liña na que xa vén traballando nos últimos anos o concello de Salvaterra de Miño. Dando un impulso importante e ambicioso coa solicitude desta subvención que permitirá a mellor xestión do ciclo da auga”.

Precisamente hoxe a alcaldesa de Ponteareas presentou en Santiago de Compostela a súa estratexia Infraestrutura Verde ao ser o primeiro concello galego en contar con este documento aprobado, unha folla de ruta que marca o futuro da vila dende unha perspectiva medioambiental e na que o respecto e conservación do patrimonio natural é vital para garantir a calidade de vida da veciñanza. Ponteareas é o único concello galego recoñecido no visor da Estratexia Galega de Infraestrutura Verde e da Conectividade e a Restauración Ecolóxicas da Xunta de Galicia como corredor paisaxístico.

Relacionadas

Xampatito Pato presenta este venres en Tui “Compaña”

0
O Teatro Municipal acolle ás 19 h este espectáculo para público familiar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e...

O concello de Tui finaliza con éxito o seu programa de capacitación dixital

0
Máis dun centenar de veciños e veciñas recibiron o seu certificado tras a formación realizada ao longo de 2024 O Concello de Tui  foi beneficiario...

O Concello de Caldas de Reis colabora na organización da I Semana da...

0
• O programa desenvolto pola logopeda Ana Belén Diz  inclúe, entre outras iniciativas, unha andaina solidaria,  que terá lugar o vindeiro sábado, 15 de...

Mos coida da saúde mental da súa rapazada e imparte obradoiros para mitigar o...

0
107 alumnos/as de 3º curso da ESO do IES de Mos están a recibir pautas para coidar a saúde mental fronte o impacto das...

O concello de Nigrán realiza este domingo unha reforestación no parque forestal ‘Os Matos-Río...

0
Desenvolverase na zona das Rozadas (Chandebrito) desde as 10:00 horas e os voluntarios deben inscribirse previamente no mail hola@plantalo.org A organización Plantalo.org, que ten plantando máis...

Sobre a sentenza relativa á Policía Local e a proposta de modificación RPT para...

0
✔️ O Concello de Marín sempre pagou as noites e os festivos á Policía Local concepto de productividade. Isto quere decir que noite feita,...

Publicacións Relacionadas