HomePontevedraO CondadoO Concello de Ponteareas entrega á AECC a recadación da San Silvestre...

O Concello de Ponteareas entrega á AECC a recadación da San Silvestre Solidaria

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas fixo entrega á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) dun cheque por valor de 1.375 euros, correspondente á cantidade recadada na San Silvestre Solidaria, celebrada o pasado 31 de decembro.

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, xunto co concelleiro de Deportes, fixeron entrega do cheque a representantes desta entidade, destacando o importante labor social e sanitario que desenvolve a AECC, tanto no acompañamento ás persoas enfermas como no apoio ás súas familias e na investigación.

Durante o acto, a alcaldesa salientou “a importancia de promover a solidariedade desde as administracións públicas, e especialmente cando esta vai da man do deporte, que é unha ferramenta fundamental para fomentar valores como a cooperación, a saúde e o compromiso social”. Nava Castro puxo en valor a resposta da veciñanza, demostrando unha vez máis “o carácter solidario de Ponteareas”.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes destacou a alta participación na proba e o ambiente festivo e solidario que se viviu durante a xornada, subliñando que iniciativas como esta “amosan que o deporte pode ser tamén un motor de apoio a causas sociais de grande importancia”.

Tanto a alcaldesa como o concelleiro quixeron agradecer expresamente o traballo de todas as persoas que colaboraron na organización do evento, así como a participación das e dos corredores e corredoras e de todas aquelas persoas que contribuíron coa súa doazón a través da inscrición na carreira.

Desde o Concello de Ponteareas reiteran o seu compromiso de seguir impulsando actividades que unan deporte, participación cidadá e solidariedade.

Publicacións Relacionadas