O Concello de Ponteareas deu a coñecer os nomes das persoas gañadoras do concurso de disfraces infantil e adultos celebrado no marco da programación do Entroido 2026.
O xurado, composto por traballadoras municipais, alfombreiras e maquilladoras, valorou un total de trinta e sete disfraces que desfilaron tendo en conta criterios como a maquillaxe, a interpretación, a elaboración artesanal, a orixinalidade e a interacción co público. Tras as pertinentes deliberacións, acordouse conceder os seguintes premios:1º premio: Gael P. V, co disfrace “Insecto”; 2º premio: Samuel, co disfrace “Depredador”; 3º premio: Camila I. I. A, co disfrace “Arca Influencer”; 4º premio: Leire L. A., co disfrace “Lavadora” e 5º premio: Eva C.R. , co disfrace “Pescantina”
Na categoría adulto Sandra. B. M resultou a primeira gañadora co disfrace “Cigardelos”, segundo premio Dolores M. R e Jaime M. R. co disfrace “Polvorete”, terceiro premio para P. G. I e Eliseo C. C. co disfrace “Os máis cafeteiros”; cuarto para Olga P. R. co disfrace “O Moucho” e quinto preio para Eva A. Di co disfrace “Peixemana, unha salmona atlántica humana”.
O tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura, Juan Carlos González Carrera, salientou a alta participación rexistrada nesta edición, con máis de 60 participantes nas dúas categorías
Ademais, anunciou que mañá Ponteareas despedirá o Entroido 2026 coa tradicional celebración do Enterro da Sardiña, que partirá ás 19:30 horas dende a Casa do Concello ata a Praza Maior, onde terá lugar a súa incineración.
Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro, convidou a toda a cidadanía a participar nas actividades programadas e a seguir mantendo vivas as tradicións do Entroido, destacando a importancia de preservar e transmitir este patrimonio cultural ás novas xeracións.
Por mor da previsión de choivas o Concello de Ponteareas adía o desfile de comparsas de entroido programado para hoxe martes ás 19:00 horas ao sábado día 21.



