HomePontevedraO CondadoO concello de Ponteareas inaugura a nova aula para alumnado con necesidades...

O concello de Ponteareas inaugura a nova aula para alumnado con necesidades educativas especiais no CEIP As Veigas

- Anuncio -spot_img

“O noso obxectivo é garantir que ningún neno ou nena quede atrás. Inauguramos esta nova aula coa satisfacción de ofrecer un recurso indispensable para moitas familias. A prioridade do Concello é sempre estar coas persoas que máis apoio precisan”, afirmou a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, durante o acto inaugural da nova aula para alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) no CEIP As Veigas.

“A Xunta aposta pola inclusión e agradece ao Concello o interese e colaboración”, sinalou durante o acto o xefe territorial de Educación, César Pérez, presente no acto no que tamén estivo o concelleiro de Ensino, Ricardo González, a dirección do centro educativo e a FANPO, así como representantes da ANPA e da comunidade educativa do CEIP e de toda Ponteareas.

“A Casiña” será o espazo no que seis nenos e nenas apoiados por profesorado especializado desenvolverán unha parte da súa xornada lectiva. En tempo récord as e os traballadores municipais do departamento de Ensino foron quen de transformar a antiga casa do conserxe nunha aula acolledora que agora conta con saída ao patio exterior traseiro. “Quero trasladar o meu agradecemento ás persoas que traballaron este verán con toda a ilusión de rematar as obras antes de que comezara o curso escolar. En tan só dous meses derribaron tabiques, abriron portas, realizaron unha nova instalación eléctrica, crearon un baño, pintaron, cambiaron solos e construiron unha rampa de acceso, entre outros traballos”, explicou o concelleiro de Ensino que tamén quixo trasladar o seu agradecemento á Consellería de Educación. As obras completáronse co cambio de carpintería para unha mellor eficiencia enerxética.

No CEIP As Veigas estudan na actualidade 394 alumnas/os que contan con servizo de aula municipal matinal, comedor escolar e actividades extraescolares que fan posible unha aprendizaxe lúdica e facilitan a conciliación familiar e laboral.

As actuacións completáronse co cambio integral da carpintería exterior, mellorando a eficiencia enerxética e o confort térmico da nova aula.

O CEIP As Veigas conta actualmente con 394 alumnos e alumnas, que dispoñen de servizos municipais como a aula matinal, o comedor escolar e diversas actividades extraescolares, que favorecen unha aprendizaxe lúdica e contribúen á conciliación da vida familiar e laboral.

Con esta nova infraestrutura, o Concello de Ponteareas reafirma o seu compromiso cunha educación pública inclusiva, de calidade e centrada nas persoas, apostando por espazos que garantan a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento integral de todo o alumnado.

Publicacións Relacionadas