No acto inaugural a alcaldesa salientou que xa está en marcha o proxecto integral do ciclo da auga cun investimento de 18 millóns de euros para saneamento integral de todas las parroquias
“Hoxe é un día moi importante para Ponteareas porque despois de moitos anos de demanda e espera temos unha nova depuradora na Moscadeira, unha infraestrutura indispensable para acompañar o presente e o futuro de Ponteareas e que posibilita grandes proxectos como o novo centro de saúde para o que a Xunta xa ten unha partida reservada no orzamento do 2026”, con estas palabras comezaba a súa intervención a alcaldesa, Nava Castro, no acto inaugural da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR), ao tempo que daba as grazas a todas as administracións presentes e ás 52 traídas de aguas asistentes. No acto estaban presentes o tenente de alcaldesa, Juan Carlos Gzlez Carrera, a concelleira de Infraestruturas, Raquel Bautista e concelleiras/os do goberno municipal.
A alcaldesa tamén tivo palabras de agradecemento para a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que aportou un 16% do custo das obras ao tempo que agradeceu a ACUAES o adianto dos cartos que agora o Concello deberá devolver ao longo de 30 anos. “Será un esforzo moi grande para o Concello pero era moi necesario contar cunha nova depuradora que tratará todos os residuos e devolverá unha auga limpa respectuosa co medio ambiente, un elemento esencial do que coidaremos e protexeremos”, engadíu a rexedora local.
Tal e como suliñou Nava Castro, o goberno seguirá traballando e xa está en marcha o proxecto integral do ciclo da auga que conta cun investimento de 18 millóns de euros para saneamento integral de todas las parroquias.
A nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) beneficiara unha poboación de máis de 20.000 habitantes equivalentes e dene o mes de setembro de 2025, o Concello de Ponteareas asume a xestión da explotación das instalacións.
O proxecto implicou a ampliación e reforma da EDAR da Moscadeira, que inclúe a rehabilitación e ampliación da obra de chegada e pretratamento de augas, a ampliación da capacidade de tratamento do reactor biolóxico, a execución dun segundo decantador secundario e a adaptación da liña de auga ao novo caudal máximo previsto de 67.392 m3/día.
Ademais, no ámbito do sistema de saneamento do municipio, levouse a cabo a construción dos Colectores Perimetral Norte e Perimetral Sur e rehabilitouse o último tramo do Colector Interceptor del Río Xinzo, incorporando un novo pozo de bombeo que conecta coa depuradora.
O orzamento total da actuación ascendeu a 14 millóns de euros (IVE incluído), que foron cofinanciados nun 50 % con fondos FEDER (tramo estatal), dentro do Programa Operativo Plurirregional de España (POPE). O Concello de Ponteareas achega o 30 % e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, anteriormente Consellería de Infraestruturas e Movilidad, financia o 20 % restante, en virtude do convenio asinado o 28 de xaneiro de 2022 para a execución, financiamento e explotación das obras.



