HomePontevedraO CondadoO Concello de Ponteareas lanza a campaña de San Valentín “Namórate de...

O Concello de Ponteareas lanza a campaña de San Valentín “Namórate de Ponteareas e do seu comercio local”

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas pon en marcha a campaña especial de San Valentín “Namórate de Ponteareas e do seu comercio local”, unha iniciativa coa que se busca visibilizar o pequeno comercio, que destaca pola súa gran atención ao público, proximidade e calidade no servizo.

Ao longo de todo o ano, o Concello organiza distintas campañas co obxectivo de dinamizar a economía local e apoiar un comercio que ofrece unha ampla variedade de produtos a prezos competitivos, co valor engadido da atención personalizada.

O vindeiro 14 de febreiro, a Praza Bugallal acollerá, a partir das 11:00 horas, un espazo especial dedicado ao Día de San Valentín, no que a veciñanza poderá desfrutar dun photocall temático e dunha ruleta de premios, na que, se se afina a puntería, se poderán gañar máis de 60 vales de compra para consumir no comercio local e agasallos diversos. Ademais o Concello repartirá máis de 500 rosas mercadas no comercio local.

O concelleiro de Comercio, Ricardo González, e a alcaldesa, Nava Castro, visitaron distintos establecementos da vila con motivo da apertura da campaña, agradecendo a estreita colaboración do sector comercial e o importante traballo que realiza de maneira conxunta co Concello para sacar adiante este tipo de iniciativas.

Desde o Concello lembran que, ao longo do ano, trabállase de forma continuada co comercio local na mellora dos escaparates, na participación en actividades culturais e gastronómicas e na oferta de accións formativas adaptadas aos horarios e ás necesidades que demandan os propios comercios.

Publicacións Relacionadas