Home Pontevedra O Condado O concello de Ponteareas presentou o libro Fermín Bouza Brey

O concello de Ponteareas presentou o libro Fermín Bouza Brey

- Anuncio -

• O Concello continua ampliando a súa colección “Creadores Ponteareáns”

• Xuíz, activista cultural, investigador ou escritor eran algunhas das facetas deste ponteareán nado no ano 1901

O Concello de Ponteareas continúa ampliando a súa colección “Creadores Ponteareáns”, unha serie literaria coa que busca poñer en valor o traballo creativo das ponteareás e ponteareáns.

O protagonista da última publicación desta colección é o historiador, etnógrafo e escritor Fermín Bouza Brey nado na vila do Corpus no ano 1901. Ao acto de presentación asistiron as súas netas Isabel e Matilde París Bouza que tiveron palabras de agradecemento para o Concello ao contribuír na posta en valor da figura do seu avó.

En palabras do escritor e xornalista Manrique Fernández, editor desta obra, “resulta difícil definir a personalidade de Bouza Brey porque presenta distintas facianas e todas elas de grande interese: como xuíz, como activista cultural, como investigador… Pero neste libro quixemos centrarnos na súa faceta creativa recollendo o eixo central da súa produción poética coa reedición dos libros «Nao senlleira» e «Seitura», dándolle un enfoque máis localista coa reprodución do «Cancioneiro das ribeiras do Tea», que tamén nos dá unha importante visión da súa faceta como investigador».

O Concelleiro de Educación e Letras, Ricardo González, e a alcaldesa, Nava Castro, adiantaron que seguirán apostando por difundir a obra das e dos creadores locais e promoverán o coñecemento do talento artístico local.

Durante o transcurso do acto organizado polo Concello o escritor e psicólogo Alex Bouzó; Pablo Rodríguez Represas, gañador do Concurso de Poesía Letras Galegas 2024 do Concello de Ponteareas e Pilar Alonso, Aurora Ramilo e Hortensia Bautista de Versos de Area recitaron algúns dos poemas de Fermín Bouza Brey.

Bouza-Brey foi tamén narrador, ensaísta e poeta, considerado actualmente entre os importantes escritores en lingua galega da chamada Xeración de 1925. Entre as súas distincións e nomeamentos académicos, cabe destacar que foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos (1923), membro da Real Academia Galega (1941), académico correspondente da Real Academia da Historia (1942) e encargado das Seccións de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos (1944). Recibiu tamén a Cruz de San Raimundo de Peñafort (1948) e a de Alfonso X o Sabio. Coa publicación deste título sobre Fermín Bouza Brey xa son oito os libros editados dentro da colección Creadores Ponteareáns.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas