HomePontevedraO CondadoO Concello de Ponteareas reforza a campaña de concienciación sobre o uso...

O Concello de Ponteareas reforza a campaña de concienciación sobre o uso do contedor marrón, que suma xa 518 altas

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas continúa avanzando na implantación do contedor marrón para a recollida da materia orgánica, un servizo clave para mellorar a xestión dos residuos e incrementar as taxas de reciclaxe no municipio.  O concelleiro respondable do servizo de recollida de lixo, Jesús Cao, explica que ata a data, a campaña xa permitiu rexistrar un total de 518 novas altas, das cales 45 tiveron lugar no que levamos de mes.

Dentro destas novas adhesións, destaca a participación do sector empresarial: 12 das altas corresponden a empresas que xeran residuos orgánicos, un paso decisivo para consolidar un modelo de reciclaxe máis eficiente en toda a cadea produtiva e comercial da vila.

Durante todo o mes, un posto informativo instalado en distintos puntos do municipio estivo a promover o uso correcto deste contedor, resolvendo dúbidas da veciñanza e distribuíndo materiais específicos para facilitar a separación da fracción orgánica.

Desde o Concello lembran a importancia de depositar no contedor marrón exclusivamente os residuos orgánicos —restos de comida, froita, verdura, borralla de café, entre outros— para garantir un tratamento adecuado que permita convertelos en compost de gran utilidade ambiental.

A administración local agradece a crecente implicación da cidadanía e das empresas e anima a seguir dando pasos cara unha Ponteareas máis sostible: a reciclaxe e a correcta separación dos residuos son ferramentas fundamentais para reducir o impacto ambiental e mellorar a calidade de vida no municipio.

Publicacións Relacionadas