HomePontevedraCaldasO Concello de Pontecesures abre mañá mércores as inscricións no seu Concurso...

O Concello de Pontecesures abre mañá mércores as inscricións no seu Concurso de Disfraces, que terá lugar o 19 de febreiro

- Anuncio -spot_img

Os grupos e comparsas deberán anotarse antes do 17 de febreiro, mentres que os das categorías individual e parella poderán formalizar a inscrición o mesmo día do certame

O Concello de Pontecesures abrirá mañá mércores 8 de febreiro o prazo de inscrición no seu Concurso de Disfraces de Entroido 2023, que terá lugar o domingo 19 de febreiro. Unhas anotacións que poderán facerse ata as 14:00 horas do 17 de febreiro, para o caso de grupos e comparsas, e ata o mesmo día do concurso para os participantes individuais ou por parellas.

O Concello de Pontecesures repartirá un total de 1.500 euros en premios en catro categorías principais:

  • Comparsa, con tres premios de 300, 200 e 100 euros.
  • Grupo, con tres premios de 200, 100 e 50 euros.
  • Adulto (máis de 14 anos): nas modalidades individual (60, 30 e 20 euros) e parella (80, 50 e 30 euros).
  • Infantil (de 0 a 14 anos): nas modalidades individual (60, 30 e 20 euros) e parella (80, 50 e 30 euros).

Para poder participar, as persoas interesadas deberán cubrir correctamente a solicitude de inscrición (dispoñible na web municipal: www.pontecesures.org) e presentala no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal. No caso dos menores de idade, a solicitude deberá ser asinada polo pai/nai ou titor/titora.

Desfile e festa na Plazuela

Todos os disfraces participantes concentraranse o domingo 19 de febreiro, a partir das 17:00 horas, na rúa Portarraxoi, dende onde ás 17:30 horas sairá o Desfile de Entroido. A comitiva pasará pola rúa San Loís, pola travesía da Estación, as rúas Rosalía de Castro e Sagasta para rematar na Plazuela. O xurado, composto por persoas alleas ao Concello de Pontecesures, acompañará o desfile para así valorar ás persoas participantes.

A entrega de premios terá lugar na Plazuela, onde haberá música en vivo cun DJ e fotomatón de Entroido. En caso de choiva, o concurso trasladaríase ao pavillón polideportivo municipal (circunstancia que se faría pública mediante a páxina web e as redes sociais do Concello de Pontecesures).

Publicacións Relacionadas