HomePontevedraCaldasO Concello de Pontecesures instala 18 novas papeleiras no seu centro urbano

O Concello de Pontecesures instala 18 novas papeleiras no seu centro urbano

- Anuncio -spot_img

O Concello de Pontecesures vén de colocar un total de 18 novas papeleiras para mellorar a recollida de lixo no centro urbano do municipio. Unha actuación na que o Concello vén de investir un total de 17.995,94 euros e que permitiu renovar o mobiliario urbano das rúas Víctor García, Sagasta, San Lois e Portarraxoi.

As novas papeleiras están feitas en chapa de aceiro ao carbono, lacadas e rotuladas co escudo do Concello. Cunha cubeta interior de aluminio, teñen unha capacidade duns 50 litros e un sistema para a colocación das bolsas do lixo semellante ás xa instaladas na Praza do Coche de Pedra, na Travesía do Muelle e na contorna do mercado.

Publicacións Relacionadas