Home Pontevedra Caldas O concello de Portas acomete o proceso de mellora da pista polideportiva...

O concello de Portas acomete o proceso de mellora da pista polideportiva de Mondoiro cun investimento de preto de 48.000 euros

- Anuncio -

As obras contan cunha subvención da Vicepresidencia Primeira da Xunta de 33.764,49 euros, o 70% do investimento total

O Concello de Portas levará a cabo nos vindeiros días a remodelación total da pista polideportiva de Mondoiro (Lantaño) onde está previsto que se realice un investimento que ronda os 48.000 euros dos cales 33.764,49 euros serán asumidos pola Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia a través do programa de financiamento de proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais que leva a cabo a Dirección Xeral da Administración Pública.

A empresa adxudicataria das obras será Covsa, que presentou unha oferta para executalas por importe de 47.993,83 euros, terá de prazo ata o 31 de outubro para telas realizadas.

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e o tenente de alcalde, Alfonso Vázquez, en compañía da arquitecta municipal, inspeccionaron o estado da pista polideportiva antes de comezar as obras e puderon comprobar como as gradas do público precisan dunha actuación de conservación e mellora así como a dotación de senllas escaleiras de acceso e evacuación do lugar para facilitar tamén o uso das mesmas.

A actuación contempla o peche perimetral do recinto deportivo, o formigonado da pista polideportiva, o pintado das delimitacións do terreo de xogo, porterías, canastras e a instalación de focos de iluminación para garantir o seu uso nos días de menor luminosidade, sobre todo nos meses de inverno.

A pista polideportiva de Mondoiro atópase ubicada nun espazo lúdico e de convivencia veciñal e de dotación de servizos a veciñanza presidida pola Escola Infantil Unitaria de Lantaño e o outras instalacións deportivas existentes no entorno como o campo de fútbol.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas