Home Pontevedra Caldas O concello de Portas asumirá o custe das entradas da mocidade, tras...

O concello de Portas asumirá o custe das entradas da mocidade, tras chegar a un acordo coa organización de “Port América”

- Anuncio -

Esta iniciativa pretende dar resposta a gran demanda da mocidade polas actividades que leva a cabo a organización do “Port América”.

Os empadroados no municipio de 16 a 30 anos poderán retirar nominalmente as súas entradas nas oficinas municipais.

O Concello de Portas acaba de chegar a un acordo coa organización de “PortAmérica” que permitirá que os mozos e mozas empadroados no municipio de entre 16 e 30 anos de idade que desexen acceder aos concertos dos días 2, 3 e 4 de xuño poidan facelo de xeito gratuíto.

Os interesados poderán retirar os seus tíckets nominais nas oficinas municipais, dentro duns días previa comunicación pública na web e nas redes sociais oficiais do Concello, unha vez que se comprobe a súa identidade e se vexa que están realmente empadroados en Portas.

O tramo de idades dos beneficiarios reflicte os mesmos do carné xove, ca salvedade que se parte dos dezaseis anos, xa que para poder acceder ao recinto, o poderán facer sen a necesidade de ir acompañados dun adulto, aínda que non se lles servirán bebidas alcohólicas, e precisarán dunha autorización do seu responsable legal.

O equipo de goberno ten detectado o grande interese amosado pola mocidade en asistir aos concertos programados por “PortAmérica”.

“PORT AMÉRICA”, UN ACONTECEMENTE MOI ESPERADO POLA MOCIDADE

O Concello de Portas fará un esforzo económico para que as mozas e mozos do municipio desfruten do festival musical “PortAmérica”. Deste xeito pretenden compensalos, polo seu exemplar comportamento cívico durante estes dous longos anos de pandemia, e así poidan asistir ao festival, totalmente gratis. As mozas e mozos que queiran dispoñer dunha entrada nominativa deberán achegarse debidamente identificados ata as oficinas do Concello e retirar a correspondente invitación no momento que se abra o proceso, que se fará dun xeito ordenado proximamente e se dará aviso á veciñanza.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas