Home Pontevedra Caldas O concello de Portas continúa coa súa axenda de eficiencia enerxética a...

O concello de Portas continúa coa súa axenda de eficiencia enerxética a través dun convenio con IDAE e a Deputación que permitirá investir 90.586,11 euros

- Anuncio -

A administración local acometeu tamén con fondos propios a substitución de 5 cadros eléctricos para adaptalos á normativa da Unión Europea cun investimento de 12.773,59 euros e darán servizo a 275 luminarias LED de baixo consumo

O Concello de Portas segue pola senda de modernización e mellora da eficiencia enerxética coa renovación da iluminación exterior e do alumeado público do municipio a través dun convenio asinado co Instituto para a Diversificación e Aforro a Enerxía (IDAE) e a Deputación de Pontevedra que permitirá investir 90.586,11 euros na rede lumínica local.

Este investimento afróntase a través da financiación do 80% por parte do IDAE, outro 10% pola Deputación de Pontevedra e o 10% restante polo Concello en virtude do acordo que permite avanzar pola senda da eficiencia enerxética e a diminución da contaminación no municipio de Portas co obxectivo de chegar aos compromisos do Pacto das Alcaldías polo Clima e as Enerxías Sostibles (PACES) para o ano 2030.

Pola súa banda, o Concello de Portas afronta tamén, con fondos propios, o cambio de 5 cadros eléctricos para adaptalos ao Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión da Unión Europea e cumprir tamén deste xeito coa normativa da UE neste tipo de instalacións que garanten unha importante eficiencia enerxética. O orzamento total que ten que destinar o Concello para realizar a modernización destes cadros é de 12.773,59 euros.

RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN EXTERIOR

As liñas xerais de actuación a realizar nas instalacións de iluminación pública exterior do municipio contemplan o desmonte e substitución de luminarias completas existentes por outras de tecnoloxía LED con regulación para reducir o fluxo lumínico nas horas de menor uso, segundo as especificacións que se establecen ao longo do proxecto.

Tamén se procederá á instalación de interruptores astronómicos e proteccións contra sobretensión en cadros de mando que o requiran, desmonte e substitución de proxectores existentes por outros de tecnoloxía LED, reforma e adaptación de cadros de mando que teñen algún tipo de deficiencia ou incumprimento co REBT.

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez sinalou que “estamos adiantándonos ao futuro e facendo todo o posible por optimizar o alumeado público ao tempo que o modernizamos para conseguir máis eficiencia cun menor consumo e, polo tanto, cun menor gasto para os veciños e veciñas do municipio que, con estas melloras, disporán dunha mellor e máis moderna rede de alumeado público abaratando no posible o recibo que as eléctricas nos pasan por manter este servizo na amplia e variada rede de camiños que existen no concello”, indicou o rexedor.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas