HomePontevedraCaldasO concello de Portas volve a asumir o custe das entradas de...

O concello de Portas volve a asumir o custe das entradas de PortAmérica para a mocidade empadroada no municipio

- Anuncio -spot_img

Os mozos entre 16 e 30 anos poderán retirar nominalmente os seus tíckets nas oficinas municipais durante o mes de abril.

O Concello de Portas acaba de renovar de novo para este ano o acordo coa organización de “PortAmérica” a través do cal os mozos e mozas empadroados no municipio, antes do 1 de marzo, de entre 16 e 30 anos de idade que desexen acceder aos concertos dos días 13, 14 e 15 de xullo poidan facelo de xeito gratuíto.

Os mozos e mozas de Portas que desexen asistir ao festival “PortAmérica” e que estean empadroados no municipio deberán retirar as invitacións nas oficinas municipais durante todo o mes de abril, en horario de atención ao público de 9 a 13 horas, previa identificación individual e comprobación que realmente figuran como inscritos como residentes no municipio. Máis información no teléfono 986 53 61 61.

“PORTAMÉRICA”, UN ACONTECEMENTO PARA A MOCIDADE

O equipo de goberno ten detectado o grande interese amosado pola mocidade en asistir aos concertos programados por “PortAmérica” polo que volverá facer un esforzo económico para que ningún mozo ou moza se quede sen presenciar estes concertos que se van levar a cabo no seu propio concello.

Na presente edición de “PortAmérica” estarán en Portas artistas de tanta relevancia como Sebastián Yatra, M Clan, Loquillo, Jorge Drexler, Deluxe, Guitarricadelafuente, Bad Gyal, Conociendo Rusia, Dani Fernández, Ortiga e Pili Pampín ou Sexy Zebras. Ademais da música tamén será protagonista a gastronomía da man dun showrocking no que participarán, entre outros, afamados cociñeiros como Pepe Solla, a colombiana Catalina Vélez, o mexicano Fabián Delgado, o vasco Andoni Luis Aduriz, o vigués Diego Novás, o lucense Héctor López, o ourensán Xosé Magallaes, a valenciá Begoña Rodrigo, o grovense José Olleros ou o mexicano Tomás Bermúdez.

Publicacións Relacionadas