A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Iria Vilaboa, presentaron o Mercadillo Solidario de Nadal que se celebrará na fin de semana, os días 21 e 22 de decembro.
Este mercadillo estará na Praza Constitución desde as 11.00 ata as 20.00 horas.
Esta iniciativa solidaria forma parte das actividades organizadas polo Concello de Redondela dentro da programación de Nadal, en colaboración coas asociacións como Andaina, Lenda, DaMan e Cáritas, para facer máis visible o traballo destes colectivos.
No mercadillo venderanse obxectos que realizan estas asociacións, que representan a colectivos con distintas actividades sociais e asistencias, e que están normalmente á venda. Poderanse mercar todo tipo de obxectos solidarios, que se converten nunha boa opción como agasallos de Nadal.

