O Concello de Redondela pon en marcha varios procesos selectivos de persoal funcionario e de persoal laboral fixo. Trátase dunha praza de Oficial de Medio Ambiente de quenda libre, tres prazas de operario/a de limpeza viaria de quenda libra e unha praza de operario/a de servizos varios. Tamén se oferta unha praza de auxiliar de administración xeral reservada para persoas con diversidade funcional. Por outra banda convócanse dúas prazas de administración de promoción interna. O prazo de presentación de instancias está aberto ata o 10 de novembro.
As bases e as instancias están publicadas na sede electrónica e na páxina web do concello (www.redondela.gal, no apartado de Emprego público, persoal funcionario e laboral fixo).