HomePontevedraO concello de Redondela demanda á Xunta urxente da Avenida de Vigo,...

O concello de Redondela demanda á Xunta urxente da Avenida de Vigo, en Chapela

- Anuncio -spot_img

– A  Xunta acaba de completar as obras humanización desta estrada no tramo que pertence ao Concello de Vigo, denominado Avenida de Galicia, desde o instituto de Teis ata o límite con Redondela. A alcaldesa, Digna Rivas, confía agora en que a consellería de Planificación de Infraestruturas “teña a mesma sensibilidade coa veciñanza de Chapela e cumpra co seu compromiso de realizar a humanización ata o Alto da Encarnación”.

– O goberno local advirte tamén que son necesarias obras de reparación na primeira fase, onde hai “afundimentos e ramplas moi deterioradas que supoñen un perigo para vehículos e peóns”. Entre o cruce da avda Estación e o Alto da Encarnación quedaron 800 metros sen humanizar e as  barreiras arquitectónicas “impiden o tránsito de persoas con mobilidade reducida” explica o concelleiro Roberto Villar.

O goberno local urxe á Xunta de Galicia que acometa a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, comprometidas pola administración autonómica desde 2019. Trátase dunha estrada de competencia autonómica que comunica Redondela e Vigo e que conta cun elevado tránsito diario, tanto de vehículos como de peóns. A rexedora lembra que a  Xunta acaba de completar as obras desta estrada autonómica no tramo que pertence ao Concello de Vigo, denominado Avenida de Galicia en Vigo, cuxas dúas fases supuxeron un investimento de 6,7 millóns de euros. Rivas sinala que os veciños e veciñas de Chapela merecen tamén unhas infraestruturas “seguras e habitables onde os peóns gañen espazo”. A última humanización realizada pola Xunta en Vigo cubriu 1,5km entre o instituto de Teis e o límite con Redondela. Rivas confía agora en que a consellería de Planificación de Infraestruturas “teña a mesma sensibilidade coa veciñanza de Chapela”.

O goberno local demanda que a Xunta cumpra co seu compromiso. Trátase dunha necesidade imperiosa para esta zona de Chapela que, coa humanización ata o alto da Encarnación, “non só melloraría a mobilidade e seguridade da veciñanza, senón que tamén aumentaría as posibilidades de negocio nos baixos comerciais desa zona, actualmente moitos deles en desuso”.  O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Vilar, advirte que tamén son necesarias obras de reparación na primeira fase, “onde hai zonas xa humanizadas que presentan afundimentos no firme e ramplas metálicas moi deterioradas que supoñen un perigo para vehículos e peóns, entre outras deficiencias como a falta de zonas verdes”. explica que no tramo entre o cruce da avenida Estación ata o Alto da Encarnación quedaron 800 metros sen humanizar, onde as  barreiras arquitectónicas “impiden o tránsito de persoas con mobilidade reducida”, ademais doutros problemas como a iluminación deficiente e a falta de seguridade “pola elevada velocidade á que circula o tráfico”.

Publicacións Relacionadas