HomePontevedraO Concello de Redondela destina 40.000 euros para as bolsas de comedor...

O Concello de Redondela destina 40.000 euros para as bolsas de comedor escolar

- Anuncio -spot_img

– A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que con estas bolsas “garántese a escolarización, ao compensar posibles carencias de tipo familiar ou económico e evitamos situacións de risco social, ao tempo que aseguramos unha nutrición axeitada para nenos e nenas”. O prazo de solicitude está aberto ata o 4 de agosto.

– A partida destinada a estas axudas ascende a 40.000 euros para o próximo curso “co obxectivo de atender ao maior número de familias posible”. Rivas destaca “o compromiso real” do goberno local coas políticas sociais, polo que desde a súa chegada á alcaldía o orzamento desta partida duplicouse, pasando de 20.000 euros de 2019 aos 40.000 actuais.

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Redondela ten aberto o prazo de solicitude para as axudas de comedor escolar do curso 2025/26. Trátase dunha prestación económica destinada ás familias con menores que utilizan o servizo de comedor do colexio. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que con estas bolsas preténdese “garantir a escolarización, compensar posibles carencias de tipo familiar ou económico, evitar situacións de risco social e asegurar unha nutrición axeitada”. A partida municipal destinada a estas axudas ascende a 40.000 euros par o próximo curso “co obxectivo de atender ao maior número de familias posible”. Rivas destaca “o compromiso real” do goberno local coas políticas sociais, polo que desde a súa chegada á alcaldía o orzamento desta partida duplicouse, pasando de 20.000 euros de 2019 aos 40.000 actuais.

A concelleira Iria Vilaboa explica que esta bolsa está dirixida ao alumnado con praza no comedor escolar dalgún dos centros de ensino público que contan con este servizo, e que faga uso do comedor de maneira continuada un mínimo de 3 veces por semana. Nas bases desta axuda establécense criterios económicos (máximo 10 puntos) e de situación socio-familiar cos informes do departamento de Servizos Sociais do Concello (máximo 20 puntos).

No pasado curso foron 41 os nenos e nenas que contaron coa bolsa, e todo o alumnado usuario do departamento de Servizos Sociais tivo axuda de comedor.

As bases da convocatoria poden consultarse na páxina web do Concello de Redondela (www.redondela.gal) e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. As solicitudes deberán realizarse no impreso municipal específico para esta convocatoria, acompañadas da documentación requirida, e poden presentarse no Rexistro xeral de entrada do Concello de Redondela, tanto na oficina municipal de Chapela como na Casa do Concello, en horario de atención ao publico. Tamén pode facerse a través da sede electrónica do Concello https://redondela.sedelectronica.es. Ou en calquera dos rexistros oficiais establecidos pola lexislación vixente. O prazo de solicitudes está aberto ata o 4 de agosto.

Publicacións Relacionadas