– Os cursos realizaranse nos meses de maio e xuño en Redondela e Chapela. Están abertos ao público en xeral e ofrecen formación en diferentes especialidades, como edición de vídeos, fotografía, trámites en liña e firma electrónica, Presentacións Multimedia, Ofimática e Competencias Dixitais Básicas para persoas maiores.
– A concellería de Novas Tecnoloxías, que dirixe Antonio Cabaleiro, oferta máis de 100 prazas gratuítas para participar nestes cursos. O obxectivo é “facilitar a formación dos veciños e veciñas nun sector que está en continuo crecemento” así como promover a alfabetización dixital “naqueles sectores da poboación que teñen máis dificultades no mundo tecnolóxico”, explica Cabaleiro.
A Concellería de Novas Tecnoloxías, que dirixe Antonio Cabaleiro, desenvolverá durante os meses de maio e xuño cursos totalmente gratuítos dirixidos ao público en xeral. A formación impartirase nas Aulas CeMIT de Redondela e Chapela e abarcan diferentes ámbitos da informática. Para estes cursos ofértanse máis de 100 prazas en diferentes horarios. Cabaleiro explica que o obxectivo é “facilitar a formación dos veciños e veciñas nun sector que está en continuo crecemento” así como promover a alfabetización dixital entre a poboación maior “que ten máis dificultades no mundo tecnolóxico”, explica Cabaleiro. As formacións son as seguintes:
Aula CeMIT Redondela os luns e mércores do 04/05 ao 29/06
CURSO: Collage e álbum de fotos con OnlyOffice
HORARIOS: De 10.00 a 11.30hs
CURSO: Openshot – vídeo editor – Software Libre
HORARIOS: De 12.00 a 13.30hs
CURSO: Trámites online, Identidade Dixital e firma electrónica.
HORARIOS: De 17.00 a 18.30hs
AULA ABERTA: TALLERES PARA ADULTOS – VENRES MAIO
Talleres para adultos – Consultas e dúbidas. (09:30/12:00 hs.)
Competencias Dixitais Básica con Tablets. (12:00/13:30 hs.)
Aula CeMIT Chapela os martes e xoves do 5 de maio ao 30 de xuño
CURSO: Competencias Dixitais para a Ciudadanía. Manexo do ordenador, móbil e tableta.
HORARIOS: De 10.00 a 11.30hs.
CURSO: Presentacións Multimedia con Canva. Uso da ferramenta Canva, software en liña.
HORARIOS: De 12.00 a 13.30h
CURSO: FreeOffice – SoftMaker – Suite Ofimática – Compatible con Word, Excel e PowerPoint.
HORARIOS: De 17.00 a 18.30hs
AULA ABERTA: TALLERES PARA ADULTOS VENRES XUÑO
Talleres para adultos – Consultas e dúbidas. (09:30/12:00 hs.)
Competencias Dixitais Básica con Tablets. (12:00/13:30 hs.)
As instancias para participar nos cursos pódense descargar na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais. As solicitudes xunto coa documentación necesaria presentaranse nos rexistros habilitados no Concello de Redondela. A selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida chamaráselle por teléfono para confirmar a súa participación.



