Home Pontevedra O Concello de Redondela ofrece nove actividades de turismo ambiental para o...

O Concello de Redondela ofrece nove actividades de turismo ambiental para o mes de setembro

- Anuncio -

– A programación dos Roteiros Ambientais repite as rutas guiadas nocturnas que tiveron moito éxito entre o público nos meses de xullo e agosto. En agosto as visitas nocturnas serán aos ríos Pexegueiro, Fondón e Maceiras. Entre as novidades destaca unha actividade de Orientaventura en bicicleta no Chan das Pipas, en Saxamonde.

O Concello de Redondela ofrece no mes de setembro un total de nove actividades de ecoturismo e educación ambiental. Logo do éxito da programación de xullo e agosto, as concellerías de Turismo, Sostibilidade e Medio Ambiente continúan coas actividades que se realizan sempre con guía e contan cunha ampla proposta de roteiros e actividades a pé, en bicicleta ou en caiac. A programación de setembro inclúe de novo rutas guiadas nocturnas que tiveron moi boa acollida entre o público nos meses de xullo e agosto. Nesta ocasión as visitas nocturnas serán aos ríos Pexegueiro, Fondón e Maceiras. Entre as novidades deste mes destaca unha actividade de Orientaventura en bicicleta no Chan das Pipas, o día 21 de setembro. A programación completa é a seguinte:

Martes día 3 de setembro: Caiac ambiental pola Enseada de San Simón. 20€/persoa.

Venres día 6: Ruta nocturna polo río Pexegueiro. Natureza, muíños e lendas. De balde.

Sábado día 7: Ruta ambiental Punta de Cesantes – Soutoxuste. De balde.

Venres día 13: Ruta nocturna polo río Fondón. Natureza, muíños e lendas. De balde.

Sábado día 14: Caiac ambiental pola Portela. 20€/persoa.

Sábado día 14: Ruta nocturna polo río Maceiras. Actividade ambiental. De balde.

Venres día 20: Ruta polo río Pexegueiro. Natureza, muíños e lendas. De balde.

Sábado día 21: Orientaventura en bicicleta no Chan das Pipas (Saxamonde). Con bici propia 5€/persoa. Con bici do Concello 8€/persoa.

Domingo día 29: Ruta en bicicleta e observación de aves na Portela. Con bici propia 5€/persoa. Con bici do concello 8€/persoa.

A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez, destacou a “transversalidade” destas actividades “que apostan polo turismo ambiental, sostible e responsable con saídas para coñecer o espectacular patrimonio natural de Redondela”.  O concelleiro de Sostibilidade, Roberto Villar, sinalou que o obxectivo destas actividades é “poñer en valor os recursos naturais de Redondela e tamén concienciar á veciñanza e ás persoas que nos visitan da importancia de respectar estes espazos naturais e axudar a conservalos”.

Para participar nestas actividades é preciso facer a inscrición previa na oficina de turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou no enderezo electrónico turismo@redondela.gal.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas