Home Pontevedra O Concello de Redondela organiza obradoiros no Espazo Redondela Xove nas vacacións...

O Concello de Redondela organiza obradoiros no Espazo Redondela Xove nas vacacións de Nadal

- Anuncio -

-Este Nadal organízanse por primeira vez actividades específicas para a rapazada de 13 anos en diante. Os obradoiros realizaranse no novo Espazo Redondela Xove, no Multiúsos da Xunqueira, con actividades como defensa persoal, manga, origami, xadrez e cursos de primeiros auxilios.

-Os obradoiros para nenos celebraranse nos Multiúsos de Redondela e de Chapela entre os días 26 de decembro e o 4 de xaneiro en horario de 17.00 a 19.00 horas. As actividades está dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade con clases de cociña, contacontos, manualidades, música e xogos de risoterapia entre outros.

O Concello de Redondela prepara múltiples actividades para a rapazada durante as vacacións escolares de Nadal, con obradoiros do 26 de decembro ata o 4 de xaneiro en horario de tarde. Como principal novidade este ano a Concellería de Xuventude inclúe obradoiros dirixidos especialmente á mocidade a partires dos 13 anos. Estas actividades realizaranse nun novo local habilitado no Multiúsos da Xunqueira, o Espazo Redondela Xove. O obxectivo é “ofrecer un lugar de encontro e de lecer para os máis novos, con actividades que lles resulten atractivas e poidan reunirse para gozar dun ocio saudable”, sinala o concelleiro Iván Valles. A sala estará aberta a partires do próximo día 22 de decembro, e ao longo de todo o ano a mocidade terá neste espazo un lugar propio onde poder reunirse, con xogos de mesa, futbolín e outras actividades. Nas vacacións de Nadal, do 26 de decembro ao 4 de xaneiro, desenvolveranse obradoiros de Defensa Persoal, Origami, Manga, Xadrez e outras sorpresas en horario de 18.00 a 21.00 horas. De cara ao vindeiro ano seguirán a organizarse actividades neste Espazo Redondela Xove, “e os propios mozos e mozas poderán participar na elaboración da programación achegando suxestións sobre as actividades que lles gustaría realizar” explica a alcaldesa Digna Rivas.
Os obradoiros para nenos e nenas desde os 3 e ata os 12 anos de idade realizaranse tanto no Multiúsos da Xunqueira como no do Piñeiral de Chapela entre os días 26 de decembro e o 4 de xaneiro en horario de 17.00 a 19.00 horas. Entre as actividades destacan as clases de cociña, sesións de contacontos, manualidades, música e xogos de risoterapia entre outras sorpresas. Os monitores fomentarán o traballo en equipo dun xeito lúdico, favorecendo a participación de todos os nenos e nenas adaptándose ás idades e necesidades dos grupos. Os obradoiros, organizados polas concellerías de Cultura e Infancia, ofrecen así unha alternativa de ocio para os máis pequenos, á vez que as familias poderán facer as súas xestións ou compras de Nadal con maior tranquilidade. Estas actividades en horario de tarde compleméntanse cos obradoiros Concilia Nadal que se organizan en horario de mañá nas diferentes parroquias.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas