Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Concello de Redondela presenta alegacións ao polígono de Louredo polo seu...

O Concello de Redondela presenta alegacións ao polígono de Louredo polo seu impacto ao medio ambiente e o patrimonio

- Anuncio -
  • A alcaldesa, Digna Rivas, explica que este parque empresarial “está próximo a núcleos de poboación e pode ter un impacto negativo tanto no medio ambiente como na paisaxe e no patrimonio da parroquia”. A rexedora sinala que o goberno local “está do lado dos veciños, e como xa fixemos no ano 2022 volvemos presentar alegacións dentro do prazo de consulta pública”.
  • Responsables do goberno local reuníronse na tarde de onte con representantes veciñais da parroquia xunto co equipo técnico para trasladarlles o traballo feito desde o Concello e informalos das alegacións que agora se presentan contra o plan de ordenación do Polígono de Louredo.

O Concello de Redondela presenta varias alegacións ao polígono industrial de Louredo proxectado pola Xunta de Galicia e que afecta a terreos da parroquia de Vilar de Infesta. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que este parque empresarial “está próximo a núcleos de poboación e pode ter un impacto negativo tanto no medio ambiente como no patrimonio da parroquia”. A rexedora sinala que o goberno local “está do lado dos veciños, e como xa fixemos no ano 2022 volvemos encargar un informe técnico para presentar novamente alegacións dentro do prazo de consulta pública”. Este parque empresarial impulsado pola Xunta de Galicia non contempla un plan para evitar o impacto negativo que o polígono pode causar ao medio ambiente, á paisaxe e ao patrimonio de Redondela.
O informe técnico sinala que o Documento de análise e Avaliación ambiental do polígono “non tivo en conta os condicionantes en materia de protección de leitos de auga existentes na zona, nin de protección de patrimonio cultural e etnográfico”. Engade o Concello de Redondela nas súas alegacións que o planeamento para o futuro polígono “debe protexer a biodiversidade e incluír accións de mellora do medio rural e natural”. Os prexuízos para o patrimonio de Vilar son motivo tamén de alegacións contra este polígono industrial, pola proximidade do xacemento Mámoa dos Valos e por coincidir co trazado do Camiño de Santiago que pasa pola parroquia.
Responsables do goberno local de Redondela reuníronse na tarde de onte con representantes veciñais da parroquia de Vilar nunha xuntanza á que asistiu tamén o equipo técnico que elaborou as alegacións. A reunión serviu para trasladarlle á veciñanza o traballo feito desde o Concello e as alegacións que agora se presentan contra o plan de ordenación do Polígono de Louredo dentro do prazo de consulta pública.

Relacionadas

Tui inaugurou hoxe unha praza de abastos de e para todos e todas

0
Así o destacou o rexedor tudense que tamén sinalou o efecto dinamizador do Mercado de San Antonio Nun acto cun carácter marcado festivo e gran...

Tomiño aposta polo deporte e a sostibilidade cunha ambiciosa reforma do pavillón da Carballa

0
O Concello investirá case 350.000 euros en obras para mellorar a a eficiencia enerxética, a funcionalidade e o confort das instalacións Tomiño dá un novo...

O Concello de Tomiño leva por primeira vez ás parroquias o programa Reactívate

0
O programa de envellecemento activo chega a Barrantes, Tebra, Goián e Sobrada, multiplicando o orzamento dedicados ás persoas maiores nesta actividade Xa está aberta a...

O concello de Nigrán divulga entre a mocidade a figura de Luís de Camôes

0
Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Val Miñor participou nunha xornada sobre o poeta nacional portugués organizada polo Concello de Nigrán con motivo...

O Concello inclúe a creación dun novo paso de peóns en Concepción Arenal

0
Aproveitando a mellora da urbanización desta zona que se está a executar, dotouse ao tramo que vai da Rotonda das Anclas ao cruce con...

Luis López destaca un esforzo de máis de 900.000 euros da Deputación para mellorar...

0
O presidente provincial visita o concello da Cañiza para inaugurar o campo de fútbol, no que a Deputación investiu 630.000 euros para financiar unha...

Publicacións Relacionadas