Home Pontevedra O Concello de Redondela realiza melloras nos camiños das parroquias

O Concello de Redondela realiza melloras nos camiños das parroquias

- Anuncio -

– A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, acomete traballos de mellora de redes pluviais e asfaltado en varios camiños das diferentes parroquias do municipio. 

-As reparacións xa concluíron no camiño da Bruxa, en Chapela, e no camiño da Feixa, en Reboreda. Actualmente está a traballarse na rúa Carballiño de Cesantes, no camiño do Viñal en Negros, no camiño Peiteados de Cabeiro e no camiño da Carambola en Reboreda, onde tamén se ampliou o ancho da vía. 

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, está a realizar traballos de mellora en varios camiños de diferentes parroquias do Concello de Redondela. Segundo explica o edil “trátase de obras que están a realizar os propios operarios municipais”. No caso de Santo Estevo de Negros as obras de mellora corresponden ao camiño do Viñal, en Cesantes son na rúa Carballiño no cruce co camiño de Cociña Aberta, e en Cabeiro no camiño Peiteados. Estes traballos súmanse aos que se están a facer esta semana na rúa do Hospital, ao carón de cemiterio dos Eidos, no centro de Redondela, onde se renovou a rede de recollida de augas pluviais. Mañá mércores procederase ao seu asfaltado. Tamén se farán esta semana reparacións nun tramo da rúa Campo das Redes. Antes de que remate o ano acometeranse obras de mellora no camiño do Campiño, en Cabeiro. 

Outras obras que se están a realizar no municipio son as do Camiño das Ánimas en Chapela e da estrada Outeiro en Reboreda. Trátase de renovacións de vías de maior calado e que están a realizar empresas contratadas con cargo a fondos da Deputación de Pontevedra. No caso da pavimentación do Camiño das Ánimas, os traballos licitáronse por máis de 107.000 euros. Trátase dunha obra “moi demandada pola veciñanza e que servirá para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria nunha zona moi complexa e perigosa polo gran desnivel que presenta”, explica Villar. Xa comenzaron co replanteo, e os traballos foron adxudicados á empresa Vale S.L. A renovación do camiño estará rematada a comezos de 2025. Na estrada Outeiro trabállase xa nun tramo de máis dun quilómetro con renovación do pavimento e a mellora da drenaxe. Unha nova rede de recollida de augas pluviais evitará a acumulación de auga nas épocas de chuvia que ten provocado inundacións nalgunhas vivendas e garaxes. O contrato das obras adxudicouse á UTE Oresa-Covisa Reboreda por un importe superior aos 165.000 euros.  

Roberto Villar sinala que desde a concellería de Infraestruturas e Sostibilidade “estase a avanzar na reparación e mellora das estradas e camiños do municipio, e o obxectivo é seguir nesta liña tanto con fondos propios do Concello como doutras administracións”.

Relacionadas

Luisa Sánchez asiste ao partido da Copa da Raíña entre o Bembrive FS e...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde ao partido da segunda ronda da Copa da Raíña de fútbol sala, que...

O BNG acusa ao PP de renunciar a construír o Álvaro Cunqueiro para facer...

0
Montse Prado denuncia que a Xunta buscou financiamento para a empresa na vez de utilizalo para construír o hospital dende o ámbito público Reproba aos populares a...

A maxia do Nadal a partires do 29 de novembro en Arbo

0
O 29 de novembro ás 20:00horas encendese o alumeado de toda a Vila de Arbo.A partires das 19:00horas música polas rúas co grupo folclorico...

Chega a Marín ‘Circo de Pinocho’, espectáculo de carpa para público familiar creado con...

0
A carpa de Circo de Pinocho, o novo espectáculo da compañía galega EducaTeatro producido con apoio á creación escénica da Xunta de Galicia, abrirá...

Llerena Perozo presenta “Os anos tranquilos” en Tui

0
Será mañá mércores ás 19 h na Sala Félix Rodríguez. Forma parte da programación do 25N A viguesa Llerena Perozo presentará o seu libro “Os...

Xornada informativa sobre a violencia machista: unha realidade social en pleno século XXI

0
● Baixo o lema “Elas somos todas” a xornada de relatorios busca concienciar e profundizar na abordaxe técnica e xurídica da violencia de xénero No...

Publicacións Relacionadas