Home Pontevedra O Concello de Redondela, sen noticias sobre a súa solicitude de axudas...

O Concello de Redondela, sen noticias sobre a súa solicitude de axudas para contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero

- Anuncio -

O Goberno local denuncia o “ninguneo” da Xunta ao Concello e polo tanto á veciñanza de Redondela á que representa

Ao igual que aconteceu o pasado ano, logo de que o Concello de Redondela presentara “en tem-po e forma” ante a Xunta de Galicia a solicitude dunha axuda para a contratación de mulleres ví-timas de violencia de xénero, o Goberno local segue sen noticias da administración autonómica e sen saber se a súa solicitude foi aprobada ou, no caso contrario, os motivos que levaron á Xunta a súa denegación.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, non ocultou a súa indignación logo que o Partido Popular redondelán, nas súas redes sociais e nunha nota remitida aos medios, “asegure que dita solicitude foi rexeitada e abondan en datos sinalando que o Concello de Redondela ocupa o posto 60 na lis-ta de solicitudes”.

Unha vez máis, afirma a alcaldesa redondelá “a Xunta de Galicia ‘puentea’ á administración local, ningunea ao Concello de Redondela facilitando información detallada ao Grupo Popular, a mes-ma información que lle nega ao Concello e ao Goberno local que é o representante de toda a ve-ciñanza do municipio”.

“Os populares de Redondela coñecen, perfectamente, cando foi remitida toda a documentación, saben que se fixo cumprindo prazos e con todos os requisitos que este tipo de tramitacións preci-san e, pese a iso, non dubidan en faltar á verdade, confundir á veciñanza e defender ao seu parti-do no Goberno en Santiago por enriba dos interese das veciñas e veciñas”.

Como xa demostrou en anteriores ocasións, engade Digna Rivas, ao PP “non lle para nin tan se-quera estar tratando un tema tan delicado e que afecta directamente a calidade de vida das mu-lleres que foron e son vítimas da lacra social que supón a violencia machista”. Asemella, engade a rexedora local “que á hora de intentar desgastar a este Goberno, todo vale, aínda que sexa un tema de extrema sensibilidade como a violencia machista e na que todos e todas deberíamos pre-sentar un fronte común”.

“Para este Goberno socialista e en contra das prácticas á que nos ten acostumados o PP, conclúe Digna Rivas, non todo vale en política e é unha táctica ruín utilizar o engano, a terxiversación e as falsidades para intentar arañar os votos que as urnas non lle condeceron”.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas