Home Pontevedra O concello de Salceda de Caselas porá en marcha un novo obradoiro...

O concello de Salceda de Caselas porá en marcha un novo obradoiro de emprego.

- Anuncio -

O concello de Salceda, a través da concellería de Emprego e Formación, que dirixe a alcaldesa Verónica Tourón, ven de obter unha nova subvención para o Obradoiro de Emprego “Rehabilita Salceda” por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. O proxecto presentado pola alcaldesa para o desenvolvemento e execución do obradoiro ascende a 508.987,00 euros, financiado pola Xunta e coa cofinanciación do concello de Salceda.

Este obradoiro dual de emprego solicitouse como un programa mixto de formación e emprego, orientado a mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade. Asemade, as persoas participantes ademais da adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras mellorarán a súa cualificación profesional a través da realización das seguintes accións formativas correspondentes á especialidade de albanelería.
• Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción (EOCB0109), (certificado de profesionalidade completo), 360 horas.
• Fábricas de albanelería (EOCB0108), (certificado de profesionalidade completo), 410 horas.
• Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (EOCB0208), (certificado de profesionalidade completo), 320 horas.
• Revestimentos con pastas e morteiros en construción (EOCB0210), (MF1938_2).
Os obxectos de actuación nos que traballará o alumnado-traballador participante no obradoiro, serán a reforma e rehabilitación da casa do mestre anexa a aula de San Xurxo, a rehabilitación do tellado da aula de Picoña, ambas pertencentes ao CRA Raiña Aragonta, e o acondicionamento dun espazo municipal para o almacenamento selectivo dos refugallos.
Este obradoiro, que será coordinado pola propia alcaldesa e as persoas responsables das áreas de educación e medio ambiente, redundará, de maneira importante no interese xeral da veciñanza do concello de Salceda.
As persoas que desexen participar na selección poden realizar a preinscrición xa no CDL O Torrón ata o 22 de agosto, previa a selección que será realizada pola oficina de emprego. En total serán 20 persoas as que participen no obradoiro e recibirán unha retribución mensual do SMI.

Tamén será realizada a través da oficina de emprego a selección do persoal que executa o obradoiro: docentes, director/a e tutor/a.
Verónica Tourón alcaldesa e responsable da Concellería de Emprego e Formación: “A posta en marcha un ano máis dun obradoiro de emprego, permítenos afianzar a nosa liña de traballo en torno ás políticas activas de emprego, que permiten mellorar a vida das persoas, mellorando a súa inserción laboral e contribuír igualmente a realización de obras moi importantes para o noso concello ”.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas