Home Pontevedra O Condado O Concello de Salvaterra convoca un ano máis, a decimoitava edición xa,...

O Concello de Salvaterra convoca un ano máis, a decimoitava edición xa, os “Premios de Educación”

- Anuncio -

APROBADA A CONVOCATORIA DOS “PREMIOS DE EDUCACIÓN PARA O CURSO 2022/2023

XVIII CONVOCATORIA “PREMIOS EDUCACIÓN. CURSO 2022/2023” que inclúe 3 viaxes ao Reino Unido e 14 lotes informáticos.

A iniciativa dos ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’ naceu co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes, chegando este ano á súa decimoitava edición. Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na procura de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábito que marcará o seu futuro e que os poñerá en valor como persoas e profesionais. Nese sentido e se cadra, agora máis ca nunca tendo en conta a situación que continuamos a vivir e a importancia que se cabe áinda máis haberemos de outorgalle a valores como os que este tipo de convocatorias pretende incentivar tales como o esforzo, loita, superación…, nun mundo de cada vez máis competitivo, difícil e incerto, consideramos necesario continuar mantendo estas iniciativas.

(Salvaterra foi un dos primeiros e dos poucos concellos que premia a excelencia académica…) ….

Toman parte neste concurso o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e dos tres Centros de Educación Primaria de Salvaterra de Miño -CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares-, en todos os seus finais de etapa e establécense como premios:

por un lado, catorce lotes informáticos compostos por unha Tablet con funda e memoria micro SD 64gb, para @s alumn@s do 2º Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura, FP básica, 4º da ESO do IES Salvaterra así como para @s alumn@s de 6ª de Primaria de cada un dos tres centros educativos de Primaria do Concello.
Para o alumnado de 2º de Bacharelato, tal e como se viña facendo a excepción da época de pandemia en que houberon de ser adaptadas, concederanse tres bolsas de estudos que consistirán nunha viaxe de tres semanas a Reino Unido durante o verán, na localidade de Worthing (costa sur do país) ao obxecto entre outros de perfeccionar a lingua inglesa así como a inmersión na cultura e que inclúe: viaxe de ida e volta en vós directos dende Galicia, aloxamento en familia en réxime de pensión completa, curso de inglés Xeral de 3 semanas, material escolar, certificado de asistencia, actividades, tarxeta de transporte e seguros…
A entrega dos mencionados premios terá lugar tras a finalización de todos os cursos e etapas, en datas que serán anunciadas no seu momento e levarase a cabo no Salón de Plenos do Concello.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas