HomePontevedraO CondadoO concello de Salvaterra de Miño convoca, un ano máis, o concurso...

O concello de Salvaterra de Miño convoca, un ano máis, o concurso de Slogans contra a Violencia de Xénero

- Anuncio -spot_img

“Rome o silencio, constrúe o respecto” foi o slogan gañador do ano 2024 e que foi o lema na campaña de concienciación que realizou o Concello de Salvaterra de Miño.

Con motivo do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Salvaterra, a través do seu Programa de Educación e Intervención Familiar, convoca un ano máis un concurso de slogans para alumnos do IES de Salvaterra, co fin de mellorar a convivencia en sociedade transmitindo valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia machista.

O concurso chega a XV edición ao abeiro da subvención do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade, e busca a través de frases transmitir unha mensaxe e un posicionamento claro de NON aos malos tratos. Dentro das iniciativas desta campaña de sensibilización social, preténdese reunir material para facer posteriormente unha campaña de difusión e publicidade dalgúns dos recursos que existen para abordar este problema.

O proxecto consistirá en confeccionar uns marcadores de páxinas e outros soportes onde vaia o lema ou slogan gañador do concurso e algúns números de teléfono e enderezos a onde se dirixir en caso de coñecer ou ser víctima dunha situación de violencia. Esta
iniciativa constitúe un reforzo a esta campaña de sensibilización. Ademais de ser un soporte atractivo, informativo e moi útil ten unha utilidade porque fai perdurar no tempo a mensaxe, a través a difusión entre os máis novos..

Recordemos que, ó longo do ano o Concello de Salvaterra de Miño realiza diferentes accións a través do Pacto de Estado, iniciativas e actividades dirixidas ás mulleres que se levaron a cabo como o Obradoiro de Teatro en igualdade, o obradoiro de intelixencia emocional ou curso de defensa persoal entre outras.

Publicacións Relacionadas