A piques de comezar o verán, o Concello de Salvaterra de Miño ultima as obras e a contratación de persoal para poder abrir ao público as súas instalacións durante o mes de xuño. Instalacións que permanecerán abertas ata mediados de setembro.
Por un lado contratarase un peón de limpeza e un cobrador/a financiado a través do Plan +Provincia, e dous socorristas cofinanciados entre fondos propios do Concello (6.506,29 euros) e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a través da subvención a entidades locais de Galicia para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento en instalacións acuáticas descubertas (6.200,90 euros).
Nos vindeiros días informarase do día de apertura e horarios das instalacións.