HomePontevedraO CondadoO concello de Salvaterra de Miño inicia a programación do 8M cun...

O concello de Salvaterra de Miño inicia a programación do 8M cun seminario de autoprotección feminina

- Anuncio -spot_img

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Salvaterra de Miño anuncia o inicio dunha programación especial de actividades dirixidas ás mulleres que se desenvolverá durante os próximos meses, organizada pola Concellería de Igualdade.

A primeira das actividades terá lugar o vindeiro 21 de marzo, de 17:00 a 20:00 horas, no Pavillón Cándido Carrera, cun Seminario de Autoprotección Feminina gratuíto impartido pola Asociación Woman Defense Solidaria, que contará con formadores procedentes de distintos puntos de España.

Durante o seminario traballarase sobre situacións reais, ofrecendo ferramentas prácticas para mellorar a seguridade persoal das participantes. O sistema de defensa que se impartirá está adaptado a todo tipo de idades (a partir dos 14 anos), complexións e estados físicos, co obxectivo de que calquera muller poida aprender recursos útiles para a súa autoprotección.

Para participar na actividade recoméndase acudir con roupa cómoda, así como levar botella de auga e toalla.

As mulleres interesadas en participar deben inscribirse previamente a través do correo electrónico animacion@concellodesalvaterra.org ou chamando ao teléfono 617 189 167.

Desde o Concello sinalan que nas próximas semanas iranse anunciando o resto de actividades que completarán esta programación especial para mulleres, impulsada pola Concellería de Igualdade con motivo dunha data tan significativa no calendario como é o 8M, Día Internacional da Muller.

Publicacións Relacionadas