O concello de Salvaterra de Miño inicia as obras de mellora do acceso ao polígono Chan da Ponte, obra cofinanciada a través da consellería de economía e industria

adminON
Lectura mínima de 2

Esta actuación, que conta cun orzamento de máis de 149.000 euros está cofinanciada a través das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos Parques Empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, por un importe de 119.956,06 euros e polo Concello de Salvaterra de Miño en preto de 30.000 euros.

Con estas obras o Concello pretende mellorar o acceso ó Polígono Industrial Chan da Ponte. Chan da Ponte, que ten unha superficie de 275.000 m² e unha superficie neta industrial de 156.111 m², conta cunha opupación do 83% cun total de 40 empresas desenvolvendo a súa actividade. Este Polígono entrou en funcionamento no ano 1999 e na actualidade presenta unha serie de deficiencias no seu acceso que precisan unha solución, debido en gran medida ó intenso tráfico de vehículos que acelera notablemente o deterioro superficial dos firmes e que, ó mesmo tempo, demanda melloras ou correccións para aumentar a seguridade, especialmente dos peóns, xa que carece de beirarrúas.

As actuacións a realizar consisten na mellora do firme no acceso ó Polígono e de dous viais internos, ademais da construción de dous tramos de beirarrúa de formigón en cor e a colocación de bolardos, co fin de mellorar a seguridade dos peóns, especiamente nenos e nenas que se desprazan andando ó IES Salvaterra de Miño. Ademais tamén se executarán melloras en canto ó drenaxe de augas pluviais.

Comparte este artigo