O obradoiro levarase a cabo entre os meses de maio e xuño na Casa do Conde.
O Concello de Salvaterra de Miño que ven de organizar o curso de defensa personal para mulleres durante o mes de abril continúa coa programación de actividades para mulleres dentro das accións planificadas pola Concellería de Igualdade e enmarcadas na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.
Nesta ocasión presenta un obradoiro de Mindfulness dirixido a mulleres no cal o obxectivo é reducir o estrés e fomentar o empoderamento a través de formación, actividades, exercicios individuais e grupais, discusións e prácticas.
O curso que se levará a cabo os sábados 11, 18 e 25 do mes de maio e o 1 de xuño en horario de 10:00 a 12:00 horas na Casa do Conde no recinto amurallado é gratuíto.

